- Apilable
Unha mesa de comedor de madeira grande e resistente cunhas cómodas cadeiras a xogo. Os mobles de exterior NORRMANSÖ teñen un inconfundible estilo rústico e deseñáronse para gozar da comida en boa compañía e ao aire libre.
Detalles do produto
Está pensada para seis persoas, pero caben facilmente máis dado que non ten patas nas esquinas.
Grazas ás variacións naturais da veta e da cor, cada unha destas mesas de madeira é única.
Os materiais resistentes apenas requiren coidados e acompañaranvos durante máis tempo.
A forma curvada do respaldo resulta moi cómoda.
As cadeiras pódense apilar en grupos de tres, polo que son fáciles de gardar.
Información útil
Posibilidade de separar para reciclar ou recuperar enerxía, se estiver dispoñible na túa zona.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Mantemento
Para prolongar a duración dos mobles de exterior de madeira, límpaos con regularidade, non os deixes ao aire libre máis do necesario sen protección e vernízaos de novo con frecuencia.
Limpar cunha suave solución xabonosa. Secar cun pano limpo e seco.
Mantemento. Para evitar que a superficie seque, fenda e penetre a humidade na madeira, recomendamos vernizar de novo os mobles con regularidade, por exemplo, unha ou dúas veces ao ano.
Garda o moble no interior nun lugar seco. Se o gardas no exterior, cúbreo cunha funda impermeable. Elimina o exceso de auga ou neve das superficies planas. Para evitar a condensación, asegúrate de que o aire circula.
Como mantemento, recomendamos aceite para o tratamento da madeira VÅRDA.
Seguridade e conformidade
Montaxe e documentos
Consellos e instrucións de coidado
NORRMANSÖ Mesa xardín305.007.94NORRMANSÖ Cadeira de xardín405.110.80Medicións
- lonxitude: 220 cm
- Ancho: 100 cm
- Altura: 74 cm
Embalaxe
NORRMANSÖ
Número de artigo305.007.94- Ancho: 52 cm
- Alto: 7 cm
- Longo: 223 cm
- Peso: 18.70 kg
- Paquete(s): 1
- Ancho: 52 cm
- Alto: 7 cm
- Longo: 223 cm
- Peso: 18.70 kg
- Paquete(s): 1
- Ancho: 16 cm
- Alto: 14 cm
- Longo: 206 cm
- Peso: 18.50 kg
- Paquete(s): 1
NORRMANSÖ
Número de artigo405.110.80- Ancho: 46 cm
- Alto: 46 cm
- Longo: 54 cm
- Peso: 3.91 kg
- Paquete(s): 6
- Ancho: 50 cm
- Alto: 10 cm
- Longo: 54 cm
- Peso: 1.24 kg
- Paquete(s): 6
Accesorios para NORRMANSÖ / NORRMANSÖ
Material
Acacia duradera
A acacia é unha madeira dura, sólida e resistente, destinada ao uso ao aire libre, grazas á gran densidade das súas fibras. Para maior protección tratámola con verniz. Para gozar dos mobles durante moitos anos, aconsellamos aplicar unha capa de verniz de cando en vez.
Calidade
Duradeiros para uso en exteriores
Obviamente, os produtos para exteriores están moito máis expostos ó sol, á choiva e á sucidade cós produtos para interiores. Por iso en IKEA seleccionamos coidadosamente os materiais e acabados dos produtos para exteriores, que ademais pasan por rigorosas probas para que te acompañen durante moitos anos.
Form design process
A mesa con espazo para o mellor da vida
A mesa NORRMANSÖ ofrece moito espazo para a gran familia, a boa comida e os amigos. Non ten patas nas esquinas, polo que tamén é fácil atopar sitio para máis cadeiras se veñen visitas inesperadas. A mesa é de madeira que envellece con graza e ten cambios de cor naturais. O taboleiro da mesa ten un deseño decorativo en espiga con aberturas para a auga de choiva que evitan que os cubertos caian polo medio. En resumo: unha mesa para toda a tempada de exterior e todo o que conleva.













