Como conseguilo
- Algodón/Viscosa
- Número de fíos: 152 /inch²
- Número de fíos: 60 /cm²
Imaxina pousar a cabeza sobre unha cebra! Este xogo nórdico con divertidos animais nunha mestura de algodón e viscosa suaves acompañaravos durante moito tempo.
Detalles do produto
Esta divertida funda nórdica ten forma de animal e fará que a imaxinación da túa filla ou fillo se acenda cada vez que se meta na cama.
Este xogo de nórdico presenta 2 expresións diferentes, deixa que sexa a túa filla ou fillo o que escolla o lado que máis lle preste en cada momento.
A cebra tamén está dispoñible en forma de monicreque na colección NATTHÄGER.
Casa con outros téxtiles, accesorios e monicreques inspirados na xungla, con motivos de animais na colección NATTHÄGER.
A cremalleira impide que o edredón se mova.
As cremalleiras dos produtos para nenos non levan tirador e, polo tanto, son seguras para os pequenos pero doadas de abrir para os adultos.
Fácil de manter limpo; lavar á máquina a 60 °C.
Hannah Wilcox
Medicións
- longo da funda de almofada: 50 cm
- anchura da funda de almofada: 60 cm
- Lonx. funda nórdica: 200 cm
- Anch. funda nórdica: 150 cm
- Número de fíos:: 152 /inch²
- Número de fíos: 60 /cm²
Opinións dos clientes
Material
Algodón suave e viscosa lustrosa
Os nórdicos de algodón/viscosa ofrecen un equilibrio harmonioso entre confort e durabilidade. O algodón suave é unha fibra natural transpirable e absorbe a humidade, mentes que a viscosa, de polpa de celulosa, é suave como a seca, seca rápido e presenta un fermoso lustre. Xuntas dan como resultado un nórdico resistente e fácil de lavar que regula a temperatura corporal de maneira natural e ademais, grazas a elas, a túa filla ou fillo durmirán comodamente durante toda a noite. Doces soños!
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"A xungla foi a miña inspiración para crear os téxtiles da colección NATTHÄGER. O meu obxectivo era transformar a hora da cama nunha aventura emocionante chea de cebras, tigres e crocodilos. Todo con fermosas orellas e rabos en cores que reflicten as tonalidades tropicais. Agardo que a colección sirva de inspiración para exploradores de todas as idades gozaren de contos na cama ateigados de aventuras máxicas. Garantímosvos que os monicreques acenderán a chama da imaxinación."