NATTHÄGER Conxunto de monicreques 3p
Como conseguilo
- Lavable á máquina
Presentámosche o crocodilo, o tigre e a cebra. Estes monicreques de cores vivas están feitos con detalles excepcionais e acompañaranvos durante horas e horas de xogo.
Detalles do produto
Cal será a próxima aventura na selva? Sexa un conto para durmir ou unha auténtica produción teatral, con estes 3 divertidos monicreques acenderásevos a imaxinación.
Para mans grandes e pequenas.
Estes monicreques serviranlle de axuda ao teu fillo ou filla para identificar as cores, percibir os distintos detalles e imitar os sons dos animais! Grrrr!
Interpretar distintas situacións e xogar en distintos contextos mellora as habilidades sociais das e dos máis pequenos.
A todos os peluches gústalles abrazar, consolar, xogar e escoitar. Ademais, son de total confianza, pois pasaron probas de seguridade.
Creado coa axuda de nenas e nenos en sesións divertidas onde expresan as súas ideas e o que pensan. As súas opinións inflúen nas nosas decisións e fan que os nosos produtos sexan mellores. A fin de contas eles son os expertos!
Hannah Wilcox
Medicións
Opinións dos clientes
Form design process
Creado coa axuda de nenos
As nenas e os nenos son as persoas máis importantes do mundo e queremos saber a súa opinión, xa que creamos produtos para eles. Así foi como convidamos nenas e nenas a sesións creativas onde poden participar no deseño de produtos. Poden expresarse libremente e debuxar ou dicirnos o que para elas e eles é máis importante. As súas opinións axudan a crearmos produtos mellores. A fin de contas eles son os expertos!
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"A xungla foi a miña inspiración para crear os téxtiles da colección NATTHÄGER. O meu obxectivo era transformar a hora da cama nunha aventura emocionante chea de cebras, tigres e crocodilos. Todo con fermosas orellas e rabos en cores que reflicten as tonalidades tropicais. Agardo que a colección sirva de inspiración para exploradores de todas as idades gozaren de contos na cama ateigados de aventuras máxicas. Garantímosvos que os monicreques acenderán a chama da imaxinación."