Saltar

NATTHÄGER Alfombra, pelo curto, azul laranxa/tucano, 83x125 cm

29,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Divertida alfombra cun tucano colorido. Unha fermosa explosión de cores, suave ao tacto e ideal para complementar o dormitorio da túa filla ou fillo.

Número de artigo505.953.24

Detalles do produto

Casa con outros téxtiles, accesorios e monicreques inspirados na xungla, con motivos de animais na colección NATTHÄGER.

O reverso ten un revestimento de goma que protexe o chan e evita que a alfombra se mova do sitio.

Sabemos que as e os máis cativos son sensibles, pero non te preocupes. Este produto foi probado e non contén substancias daniñas para a súa pel nin saúde.

Deseñador

Hannah Wilcox

Número de artigo505.953.24

Información útil

Se mercas a alfombra online, a orientación da cara do tucano estará determinada de maneira aleatoria. Se a mercas na túa tenda IKEA, poderás escoller a orientación a partir do que poña a etiqueta da alfombra.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Pelo:
100 % poliéster (90 % reciclado como mín.)
Lámina protectora:
100 % caucho sintético

Mantemento

Lavar á man a 40 °C como máximo.

Non empregar lixivia.

Non secar na secadora.

Non pasar o ferro.

Non limpar en seco.

Encolle un 4 %.

Aspira e rota a alfombra con regularidade.

Seguridade e conformidade

Este produto ten unha superficie de goma termoplástica (TPE) que reduce o risco de esvaróns, xa que as superficies do produto e o chan están limpos e libres de po.Recomendado para nenos a partir de 3 anos de idade.

Medicións

  • superficie: 0.81 m²
  • lonxitude: 125 cm
  • Ancho: 83 cm

Embalaxe

NATTHÄGER

Número de artigo505.953.24
  • Longo: 84 cm
  • Peso: 2.02 kg
  • Diámetro: 11 cm
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

5Valoración media
9Opinións

Accesorios para NATTHÄGER

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"A xungla foi a miña inspiración para crear os téxtiles da colección NATTHÄGER. O meu obxectivo era transformar a hora da cama nunha aventura emocionante chea de cebras, tigres e crocodilos. Todo con fermosas orellas e rabos en cores que reflicten as tonalidades tropicais. Agardo que a colección sirva de inspiración para exploradores de todas as idades gozaren de contos na cama ateigados de aventuras máxicas. Garantímosvos que os monicreques acenderán a chama da imaxinación."

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.