A música nunca soou tan ben. O altofalante Bluetooth NATTBAD é a combinación perfecta de son e decoración de interiores. Escolle unha cor que destaque ou unha que se integre na túa casa e rodéate de música no intre.
Detalles do produto
Este altofalante Bluetooth é fácil de usar e ofrece un son potente e nítido que podes ampliar facilmente ao engadir máis altofalantes NATTBAD.
Permíteche escoitar os teus podcasts ou música favorita, só necesitas un teléfono, unha computadora ou outro dispositivo Bluetooth.
O altofalante pode cambiar o estado de ánimo e o ambiente da túa casa, ser a escusa para xuntar toda a familia para escoitar un pódcast ou un audiolibro, ou animar a festa con música cando recibas visita.
O modo multialtofalante permíteche conectar con outros altofalantes NATTBAD e gozar da mesma música desde distintos lugares.
A función Sotify Tap permíteche reproducir a túa música favorita. Abonda con premer o botón para a música recomezar no punto exacto onde a deixaches.
A función Spotify Tap tamén xera cancións baseadas no teu historial de reprodución, para que poidas descubrir música nova. Preme de novo o botón para cambiar de canción!
Jon Eliason
Información útil
A configuración de son do dispositivo desde o que estás a reproducir a música pode influír moito na calidade do son que emite o altofalante. Comproba a configuración do teu dispositivo e goza da mellor experiencia sonora.
A distancia adecuada entre o dispositivo e o altofalante conectado pode variar en función dos materiais de construción da parede. Sen obstáculo, o alcance é de 10 metros como mínimo.
Ao utilizar varios altofalantes no modo multialtofalante, a distancia libre de interferencias entre o altofalante principal e o outro/resto de altofalante/s é de polo menos 10 metros.
Se estiveres a usar o modo multialtofalante, asegúrate de que o dispositivo desde o que se está a reproducir a música está a unha distancia adecuada do altofalante principal ao que estás conectado.
Require un tratamento de residuos especial. Contacta coas autoridades da túa localidade para obter máis información.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Base/ Botóns:
- NOTRANS
- Funda de tea:
- NOTRANS
- Pé:
- NOTRANS
Mantemento
Limpar cun pano húmido.
Asegúrate de secar cun pano suave despois de cada lavado.
Seguridade e conformidade
Montaxe e documentos
Consellos e instrucións de coidado
NATTBAD Altofalante con Bluetooth906.016.05NATTBAD Altofalante con Bluetooth906.016.05Declaración de conformidade
NATTBAD Altofalante con Bluetooth906.016.05Medicións
- fondo: 9.2 cm
- Altura: 17.9 cm
- Ancho: 12.3 cm
- lonxitude do cable: 2 m
Embalaxe
NATTBAD
Número de artigo906.016.05- Ancho: 14 cm
- Alto: 10 cm
- Longo: 23 cm
- Peso: 1.21 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"Cando deseñei o altofalante con Bluetooth NATTBAD, a miña idea pasaba por combinar a estrutura das radios antigas coas prestacións dos altofalantes modernos e crear un punto sobre o que xirase a casa. Ao igual que cando antano as familias se xuntaban para escoitar a radio, agardo que as familias de hoxe se xunten para escoitar música, podcasts ou audiolibros. A idea é que este altofalante mesture detalles elegantes con tecnoloxía moderna e práctica".








