Saltar
Novidade

NATTBAD Altofalante con Bluetooth, negro

49,99€
Altofalante NATTBAD, dourado, redondo, tecido e plástico, deseño moderno.
Altofalante negro cuberta de tecido cunha parte superior redondeada, deseño minimalista, pequeno dial de control e botón na parte dianteira, cableado na parte traseira. Altofalante bluetooth NATTBAD.
Altofalante bluetooth NATTBAD, pexego, tecido e plástico, cilíndrico, deseño elegante.

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

A música nunca soou tan ben. O altofalante Bluetooth NATTBAD é a combinación perfecta de son e decoración de interiores. Escolle unha cor que destaque ou unha que se integre na túa casa e rodéate de música no intre.

Número de artigo205.927.32

Detalles do produto

Este altofalante Bluetooth é fácil de usar e ofrece un son potente e nítido que podes ampliar facilmente ao engadir máis altofalantes NATTBAD.

Permíteche escoitar os teus podcasts ou música favorita, só necesitas un teléfono, unha computadora ou outro dispositivo Bluetooth.

O altofalante pode cambiar o estado de ánimo e o ambiente da túa casa, ser a escusa para xuntar toda a familia para escoitar un pódcast ou un audiolibro, ou animar a festa con música cando recibas visita.

O modo multialtofalante permíteche conectar con outros altofalantes NATTBAD e gozar da mesma música desde distintos lugares.

A función Sotify Tap permíteche reproducir a túa música favorita. Abonda con premer o botón para a música recomezar no punto exacto onde a deixaches.

A función Spotify Tap tamén xera cancións baseadas no teu historial de reprodución, para que poidas descubrir música nova. Preme de novo o botón para cambiar de canción!

Deseñador

Jon Eliason

Número de artigo205.927.32

Información útil

A configuración de son do dispositivo desde o que estás a reproducir a música pode influír moito na calidade do son que emite o altofalante. Comproba a configuración do teu dispositivo e goza da mellor experiencia sonora.

A distancia adecuada entre o dispositivo e o altofalante conectado pode variar en función dos materiais de construción da parede. Sen obstáculo, o alcance é de 10 metros como mínimo.

Ao utilizar varios altofalantes no modo multialtofalante, a distancia libre de interferencias entre o altofalante principal e o outro/resto de altofalante/s é de polo menos 10 metros.

Se estiveres a usar o modo multialtofalante, asegúrate de que o dispositivo desde o que se está a reproducir a música está a unha distancia adecuada do altofalante principal ao que estás conectado.

Require un tratamento de residuos especial. Contacta coas autoridades da túa localidade para obter máis información.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Base/ Botóns:
NOTRANS
Funda de tea:
NOTRANS
Pé:
NOTRANS

Mantemento

Limpar cun pano húmido.

Asegúrate de secar cun pano suave despois de cada lavado.

Seguridade e conformidade

Este produto leva marcado CE.

Medicións

  • fondo: 9.2 cm
  • Altura: 17.9 cm
  • Ancho: 12.3 cm
  • lonxitude do cable: 2 m

Embalaxe

NATTBAD

Número de artigo205.927.32
  • Ancho: 14 cm
  • Alto: 10 cm
  • Longo: 23 cm
  • Peso: 1.23 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

3.9Valoración media
45Opinións

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"Cando deseñei o altofalante con Bluetooth NATTBAD, a miña idea pasaba por combinar a estrutura das radios antigas coas prestacións dos altofalantes modernos e crear un punto sobre o que xirase a casa. Ao igual que cando antano as familias se xuntaban para escoitar a radio, agardo que as familias de hoxe se xunten para escoitar música, podcasts ou audiolibros. A idea é que este altofalante mesture detalles elegantes con tecnoloxía moderna e práctica".

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.