A música nunca soou tan ben. O altofalante Bluetooth NATTBAD é a combinación perfecta de son e decoración de interiores. Escolle unha cor que destaque ou unha que se integre na túa casa e rodéate de música no intre.
Detalles do produto
Este altofalante Bluetooth é fácil de usar e ofrece un son potente e nítido que podes ampliar facilmente ao engadir máis altofalantes NATTBAD.
Permíteche escoitar os teus podcasts ou música favorita, só necesitas un teléfono, unha computadora ou outro dispositivo Bluetooth.
O altofalante pode cambiar o estado de ánimo e o ambiente da túa casa, ser a escusa para xuntar toda a familia para escoitar un pódcast ou un audiolibro, ou animar a festa con música cando recibas visita.
O modo multialtofalante permíteche conectar con outros altofalantes NATTBAD e gozar da mesma música desde distintos lugares.
A función Sotify Tap permíteche reproducir a túa música favorita. Abonda con premer o botón para a música recomezar no punto exacto onde a deixaches.
A función Spotify Tap tamén xera cancións baseadas no teu historial de reprodución, para que poidas descubrir música nova. Preme de novo o botón para cambiar de canción!
Jon Eliason
Medicións
- fondo: 9.2 cm
- Altura: 17.9 cm
- Ancho: 12.3 cm
- lonxitude do cable: 2 m
Opinións dos clientes
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"Cando deseñei o altofalante con Bluetooth NATTBAD, a miña idea pasaba por combinar a estrutura das radios antigas coas prestacións dos altofalantes modernos e crear un punto sobre o que xirase a casa. Ao igual que cando antano as familias se xuntaban para escoitar a radio, agardo que as familias de hoxe se xunten para escoitar música, podcasts ou audiolibros. A idea é que este altofalante mesture detalles elegantes con tecnoloxía moderna e práctica".