Saltar
Novidade

NÄMMARÖ Unidade de cociña aberta

139€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Cociñar ao aire libre é un xeito divertido de pasardes tempo xuntos! Pon esta cociña de madeira de acacia e aceiro inoxidable no teu patio e deixa que todo o mundo che bote unha man para preparar ceas e banquetes de verán.

Número de artigo806.088.10

Detalles do produto

Ademais, proporciona espazos de almacenaxe adicional para a vaixela e ferramentas, así como unha boa superficie de traballo para preparar os alimentos.

A superficie de traballo está feita de aceiro inoxidable, un material hixiénico, resistente ao desgaste, ao óxido e duradeiro, moi fácil de limpar.

O panel posterior inclúe 3 ganchos axustables para os utensilios de cociña.

A madeira duradeira da acacia foi tratada previamente para unha maior protección contra o sol, a choiva, as manchas e o desgaste.

Se che gusta a xardinería, esta illa de cociña pode ser un banco para sementar perfecto no que podes ter testos e ferramentas de xardinería á man.

Combina o mobiliario de exterior da serie NÄMMARÖ como máis che guste e crea un espazo exterior conxuntado.

Deseñador

Nike Karlsson

Número de artigo806.088.10

Información útil

Recoméndase unicamente o uso no exterior.

Non utilices coitelos ou calquera outro obxecto cortante directamente sobre a superficie. Utiliza sempre unha táboa de cortar.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Mantemento

Para prolongar a duración dos mobles de exterior límpaos con regularidade e non os deixes ao aire libre máis do necesario sen protección.

Limpar cunha suave solución xabonosa. Secar cun pano limpo e seco.

Garda o moble no interior nun lugar seco. Se o gardas no exterior, cúbreo cunha funda impermeable. Elimina o exceso de auga ou neve das superficies planas. Para evitar a condensación, asegúrate de que o aire circula.

Para mellorar a estabilidade do moble, aperta de novo as fixacións polo menos unha vez por tempada.

Madeira

Mantemento. Para evitar que a superficie seque, fenda e penetre a humidade na madeira, recomendamos vernizar de novo os mobles con regularidade, por exemplo, unha ou dúas veces ao ano.

Metal

Para un acabado uniforme e brillante, limpa sempre as superficies de aceiro inoxidable en sentido lonxitudinal.

Non usar limpador en po, estropallo metálico nin ferramentas de punta ou afiadas porque poden raiar a superficie de aceiro inoxidable.

Medicións

  • Ancho: 80 cm
  • fondo: 62 cm
  • Altura: 140 cm

Embalaxe

NÄMMARÖ

Número de artigo806.088.10
  • Ancho: 72 cm
  • Alto: 11 cm
  • Longo: 94 cm
  • Peso: 18.11 kg
  • Paquete(s): 1

Accesorios para NÄMMARÖ

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.