Coa serie NÄMMARÖ poderás crear unha sala de estar no xardín, no balcón ou na terraza. Ten todo o necesario para os teus momentos de descanso, ceas e festas de verán.
Detalles do produto
Feita de madeira maciza de acacia, un material resistente e duradeiro que envellece con elegancia.
Ocupa moi pouco espazo, xa que a mesa é fácil de pregar.
Ideal para tomar bebidas e aperitivos ou colocar plantas e obxectos no balcón ou eirado.
A madeira foi tratada previamente para resistir mellor o sol, a choiva, as manchas e o desgaste.
Podes combinala con outros mobles da serie NÄMMARÖ para crear un cómodo espazo ao aire libre a xogo onde poidas comer, relaxarte e pasar o tempo con familiares e amizades.
Información útil
O produto pódese reciclar ou usar para a recuperación enerxética (se estiver dispoñible na túa zona).
Recoméndase unicamente o uso no exterior.
Protexe os mobles para exteriores que non esteas utilizando contra a choiva, sol, sucidade, polen e neve.
Combina con outros mobles para exteriores da serie NÄMMARÖ.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- NOTRANS, NOTRANS
Mantemento
Para prolongar a duración dos mobles de exterior de madeira límpaos con regularidade e non os deixes ao aire libre máis do necesario sen protección.
Limpar cunha suave solución xabonosa. Secar cun pano limpo e seco.
Mantemento. Para evitar que a superficie seque, fenda e penetre a humidade na madeira, recomendamos vernizar de novo os mobles con regularidade, por exemplo, unha ou dúas veces ao ano.
Garda o moble no interior nun lugar seco. Se o gardas no exterior, cúbreo cunha funda impermeable. Elimina o exceso de auga ou neve das superficies planas. Para evitar a condensación, asegúrate de que o aire circula.
Para mellorar a estabilidade do moble, aperta de novo as fixacións polo menos unha vez por tempada.
Montaxe e documentos
Instrucións de montaxe
NÄMMARÖ Mesa pregable105.866.99Medicións
- Altura: 75 cm
- lonxitude: 108 cm
- Ancho: 37 cm
Embalaxe
NÄMMARÖ
Número de artigo105.866.99- Ancho: 39 cm
- Alto: 7 cm
- Longo: 110 cm
- Peso: 9.32 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Accesorios para NÄMMARÖ
Funcionalidade
Ás veces é bo sermos cuadriculados
Cando creamos NÄMMARÖ preguntámonos: cal é a mellor maneira de crear mobles para exteriores cómodos e económicos? Unha das respostas encontrámola no deseño. Ao basearmos toda a serie nunha sinxela forma xeométrica, o cadrado, puidemos darlle un aspecto uniforme e reducir os custos de fabricación. E iso son boas novas para a túa carteira.
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"Cando deseñamos NÄMMARÖ, a idea era crear unha moderna familia de mobles para exteriores, capaz de combinar con calquera cousa e de chamar a atención. A estrutura cadrada é unha constante en toda a serie e permite darlle un aspecto uniforme que entrelaza os distintos produtos. A suave cor a mel envellece moi ben e combina á perfección co resto de cousas que teñas na casa ou no balcón".





