Deixa que as follas verdes desta MONSTERA sexan a túa fonte de inspiración. Este tipo de planta é coñecida como epífita e son capaces de rubir por outras plantas para achegarse ao sol. Unha marabillosa compañeira de piso que encherá o fogar de vida.
Detalles do produto
Esta planta é resistente e fácil de coidar, así que poderás darlle un toque verde ao teu fogar aínda que non sexas un experto en xardinaría.
Decora o teu fogar coas plantas e cos testos que máis che gusten.
Información útil
Orixinaria de América Central.
Planta doada de coidar.
Dálle ás túas plantas o fertilizante que precisan. Se ves que a planta non responde, déixaa repousar ata a seguinte estación.
Todas as plantas de maceta de IKEA inclúen terra rica en nutrientes. Non é necesario transplantar ata pasado un ano da compra.
Limpa o po con frecuencia para así a planta recibir toda a luz que sexa posible.
A altura das plantas pode variar.
Materiais e coidados
Material
- Planta/ Substrato:
- NOTRANS
- Testo:
- NOTRANS
Mantemento
Só como adorno. Non inxerir.
Temperatura mínima 12 ºC.
Regar con moderación.
Para uso no interior.
Colocar nunha área luminosa, pero resgardada do sol.
Medicións
- diámetro do testo: 21 cm
- Altura da planta: 65 cm
Embalaxe
MONSTERA
Número de artigo303.494.90- Longo: 82 cm
- Peso: 2.49 kg
- Diámetro: 27 cm
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Funcionalidade
Déixate inspirar pola natureza
Con esta monstera fácil de coidar poderás crear un oasis verde, tanto na casa como na oficina. Este tipo de planta é coñecida como epífita e son capaces de rubir por outras plantas para que lles dea mellor o sol. Os buracos redondeados que ten nas follas fai que tamén sexa coñecida como a planta do queixo suízo. Medra mellor en espazos interiores lixeiramente asollados, aínda que é un chisco sensible ao contacto directo coa luz solar. Unha inspiradora e marabillosa compañeira de piso que encherá o teu fogar de vida.



