A tixola para chulas MIDDAGSMAT inclúe as características básicas que necesitas. Un deseño atemporal, lixeiro, quenta rápido e un revestimento antiadherente de cerámica Sol-Gel.
Detalles do produto
O mellor dos comezos para unha xornada nos fogóns. Inclúe todo o necesario para que cociñar sexa unha actividade máis sinxela e divertida.
Para todo tipo de placas, mesmo de indución.
Ao ter o bordo baixo e os laterais inclinados, a tixola é perfecta para cociñar tortiñas e filloas.
Grazas ao resistente revestimento cerámico antiadherente de sol-gel, hai menos risco de que a comida se pegue ou se queime.
É de aceiro inoxidable, un material duradeiro e doado de limpar.
Base cunha capa de aluminio entre dúas capas de aceiro inoxidable. Deseñada para quentar máis rápido e reducir o tempo de cocción.
Henrik Preutz
Medicións
- diámetro: 24 cm
- Altura: 2 cm
- Longo incl. as asas: 44 cm
Opinións dos clientes
Material
Que é o revestimento antiadherente de cerámica sol-xel?
A antiadherencia sol-xel a miúdo recibe o nome de revestimento de cerámica, un substitutivo cada vez máis común para outros revestimentos non antiadherentes presentes nas panelas. Está composto maiormente de silicio e créase aplicándolle ó produto unha solución parecida ó xel e secándoo nun forno. O resultado é unha superficie dura e brillante con propiedades antiadherentes. O sol-xel pode facerse con distintas cores, soporta temperaturas elevadas, é fácil de usar e limpar e permite cociñar sen ou practicamente sen graxa.
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"O que buscaba coa serie MIDDAGSMAT era crear algo que incluíse todo o necesario para un día tranquilo na cociña. Utilicei formas sinxelas e básicas, como círculos e óvalos, para crear asas e empuñaduras con liñas xenerosas e suaves para un bo agarre e con idea de transmitir moita personalidade. Agardo que sexan moitas as persoas que aprecien o seu deseño atemporal e que os obxectos da serie MIDDAGSMAT as acompañen fielmente durante moitos anos".