15 ano de garantía
- Apto para lavalouza
A pota MIDDAGSMAT ten todas as funcións básicas que necesitas para un día divertido ós mandos dos fogóns. Deseño atemporal, de peso lixeiro e quenta rapidamente. As túas comidas favoritas ó alcance da man.
Detalles do produto
O mellor dos comezos para unha xornada nos fogóns. Inclúe todo o necesario para que cociñar sexa unha actividade máis sinxela e divertida.
Para todo tipo de placas, mesmo de indución.
É de aceiro inoxidable, un material duradeiro e doado de limpar.
O seu interior de formas redondeadas poncho doado á hora de bater e remover a comida.
A tapa de vidro permíteche vixiar o contido durante o proceso de cocción.
A súa válvula de saída para o vapor evita que os alimentos saian.
A batería de cociña pódese amorear para aforrar espazo se queres gardar os utensilios nun armario da cociña.
Base cunha capa de aluminio entre dúas capas de aceiro inoxidable. Deseñada para quentar máis rápido e reducir o tempo de cocción.
15 anos de garantía. Consulta as condicións xerais no folleto de garantía.
Henrik Preutz
Medicións
- diámetro: 29 cm
- Altura: 17 cm
- volume: 10 l
- Longo incl. as asas: 39 cm
- Altura con tapa: 22 cm
Opinións dos clientes
Material
Que é o aceiro inoxidable?
O aceiro inoxidable é utilizado tanto en estruturas de edificios e coches, como tamén en vertedoiros e coitelos. É comprensible que teña tantas utilidades. O aceiro inoxidable é un material resistente e duradeiro, cunha excelente resistencia á corrosión, é dicir, ao óxido. Adoita conter baixas cantidades de níquel e en IKEA xeralmente empregamos aceiro inoxidable sen níquel. Como pasa con outros metais, é un material que se pode reciclar unha e outra vez para convertelo en produtos novos, sen que isto afecte as súas propiedades.
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"O que buscaba coa serie MIDDAGSMAT era crear algo que incluíse todo o necesario para un día tranquilo na cociña. Utilicei formas sinxelas e básicas, como círculos e óvalos, para crear asas e empuñaduras con liñas xenerosas e suaves para un bo agarre e con idea de transmitir moita personalidade. Agardo que sexan moitas as persoas que aprecien o seu deseño atemporal e que os obxectos da serie MIDDAGSMAT as acompañen fielmente durante moitos anos".