Tamén precisarás
Como conseguilo
As listas horizontal e verticais desta funda de coxín foron tecidas á man e transmiten unha sensación rústica e elegante, con cores a contraste que atraen a mirada e realzan o seu aspecto artesanal.
Detalles do produto
IKEA colabora con empresas sociais de todo o mundo para crear produtos únicos cos que dar traballo ás persoas que máis o necesitan.
Este produto foi feito pola empresa social Spun, da India. A súa fabricación permite dar traballo ás mulleres das zonas rurais. Desta maneira, tanto elas como a súas familias, gozan dunha forma de sustento e poden mellorar as súas condicións de vida.
Unha funda de coxín suave e decorativa, feita de algodón e ideal para decorar a cama, unha butaca ou un sofá.
Podes sacarlle a funda sen esforzo grazas á cremalleira, que queda oculta.
O algodón é un material natural, resistente e suave que require poucos coidados e que se pode lavar á máquina.
Funda de coxín feita á man a partir de algodón suave en cores que combinan á perfección con outros enfeites e tecidos da colección MÄVINN.
Luna Gil
Información útil
Para coxíns de recheo de 50x50 cm.
O coxín interior véndese á parte.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
100% algodón
Mantemento
Non se debe lavar á máquina.
Non empregar lixivia.
Non secar na secadora.
Pasar o ferro a 200 ºC como máximo.
Non limpar en seco.
Manchas secas: elimínaas de xeito inmediato fretando con coidado cara o centro da mancha.
Manchas húmidas: non fretes. Absórbeas con papel de cociña; humedéceas cun pano e un limpador suave.
Medicións
- lonxitude: 50 cm
- Ancho: 50 cm
Embalaxe
MÄVINN
Número de artigo706.151.42- Ancho: 18 cm
- Alto: 4 cm
- Longo: 27 cm
- Peso: 0.47 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Accesorios para MÄVINN
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"Cando creei a colección MÄVINN, inspireime nas miñas viaxes ao sueste asiático e no estilo de vida que vin alí. As cores vibrantes e os detalles feitos á man danlles aos obxectos un aspecto único, pero cunha clara identidade IKEA. La, algodón, xute, arxila e fibras naturais: os materiais varían en cor e textura e ofrecen un aspecto expresivo cunha sensación xenuína de calidade. O feito de que todo contribúa a crear un medio de vida para os artesáns é un engadido estupendo!"







