Saltar
Novidade

MÄVINN Funda de coxín

17,99€
O coxín interior véndese á parte.

Tamén precisarás

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Na parte frontal da funda agóchase unha simpática eiruga bordada á man. Pódela encontrar? Este curioso e innovador deseño, con figos e follas, casa moi ben con outros tecidos da colección MÄVINN.

Número de artigo306.003.31

Detalles do produto

IKEA colabora con empresas sociais de todo o mundo para crear produtos únicos cos que dar traballo ás persoas que máis o necesitan.

Este produto fíxose á man na empresa social Jordan River Foundation, que fornece sustento estable a mulleres artesás xordanas e refuxiadas sirias.

A eiruga e as puntadas dos caules están bordados á man e danlle á parte frontal da funda un toque divertido.

Unha funda de coxín suave e decorativa, feita de algodón e ideal para decorar a cama, unha butaca ou un sofá.

O peche tipo sobre mantén o coxín no seu sitio sen que se precisen cremalleiras ou botóns.

As cores e o deseño casan facilmente con outros tecidos da colección MÄVINN.

Deseñador

Maria Vinka

Número de artigo306.003.31

Información útil

Para coxíns de recheo de 50x50 cm.

O coxín interior véndese á parte.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Mantemento

Lavar á máquina a 40 °C como máximo, tratamento normal.

Non empregar lixivia.

Secar normal en secadora a temperatura normal (80 ºC como máximo).

Pasar o ferro a 150º C como máximo.

Non limpar en seco.

Medicións

  • lonxitude: 50 cm
  • Ancho: 50 cm

Embalaxe

MÄVINN

Número de artigo306.003.31
  • Ancho: 18 cm
  • Alto: 1 cm
  • Longo: 22 cm
  • Peso: 0.20 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.7Valoración media
3Opinións

Accesorios para MÄVINN

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"Adoro traballar na colección MÄVINN, xa que todo se fai en colaboración con empresas sociais especializadas. O tema deste ano son os servizos de mesa, do que naceu a idea de integrar algo comestible e os figos parecéronnos unha elección perfecta. O verme actúa como unha especie de mascota e devén en diferentes estampados de raias no deseño. Encántame como os materiais orgánicos harmonizan coas cores rechamangueiras e agardo que apreciedes a artesanía detrás de cada peza".

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.