Este camiño de mesa estampado e bordado é o compañeiro perfecto para a mesa do comedor e representa un medio de vida para as e os artesáns da empresa social xordana Jordan River Foundation.
Detalles do produto
IKEA colabora con empresas sociais de todo o mundo para crear produtos únicos cos que dar traballo ás persoas que máis o necesitan.
Este produto foi feito á man na empresa social Jordan River Foundation, que proporciona un medio de vida estable ás mulleres artesás xordanas e refuxiadas sirias.
Unha mestura de bordados manuais e estampados crea un deseño tradicional escandinavo semellante ás pinturas kurbits con corazóns e cabalos Dala decorativos.
Protexe a mesa e decóraa.
O algodón é un material natural suave que require poucos coidados e que se pode lavar á máquina.
Paulin Machado
Medicións
- lonxitude: 130 cm
- Ancho: 35 cm
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"Foi unha alegría inmensa para min que me pedisen crear a colección MÄVINN en colaboración con empresas sociais, xa que cada un dos obxectos que a conforman permite crear postos de traballo para persoas necesitadas. O meu deseño inspírase nas casas tradicionais escandinavas, onde a decoración se caracterizada pola súa funcionalidade, simplicidade e polos materiais naturais. Agardo que vos guste o resultado final e que vos sintades orgullosas e orgullosos ao saber que, ao mercar estes obxectos, estades axudando a outras persoas".