Saltar

MÄVINN Alfombra, forma de flor natural

19,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Cando foi a última vez que te regalaches unha flor? O xute trenzado e algodón colorido son materiais resistentes e fáciles de limpar que che proporcionan unha esteira ideal para o recibidor, a cociña ou o dormitorio.

Número de artigo405.750.48

Detalles do produto

IKEA colabora con empresas sociais de todo o mundo onde traballan persoas que deseñan produtos únicos.

Este produto foi feito por Classical, en Bangladesh, unha empresa social que ao fabricar produtos feitos de xute dá traballo e un medio de vida para as mulleres das zonas rurais.

Esta alfombra con forma de flor está feita con materiais naturais e resistentes ó desgaste.

O xute é un material natural que transmite unha sensación íntima e acolledora.

O xute é un material duradeiro e reciclable que presenta variacións naturais na cor.

Podes utilizar a alfombra por ámbolos lados para repartir o desgaste e que che dure máis tempo.

Esta alfombra pódese empregar en todo tipo de chans, mesmo aqueles con calefacción radiante.

Combina moi ben con outros produtos da colección MÄVINN.

Deseñador

P Machado/M Vinka

Número de artigo405.750.48

Información útil

Para esta alfombra necesitas 1 base antiescorregante STOPP (67,5x200 cm). De ser preciso podes pregala ou acurtala.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Composición total:
NOTRANS
Moldura de decoración:
NOTRANS, NOTRANS
Fío de coser:
NOTRANS

Mantemento

Non se debe lavar á máquina.

Non empregar lixivia.

Non secar na secadora.

Non pasar o ferro.

Non limpar en seco.

Aspira e rota a alfombra con regularidade.

Utiliza un pano húmido e evita deterxentes fortes.

Seguridade e conformidade

Para maior seguridade, emprega o protector antiescorregante STOPP; debe cubrir toda a superficie da alfombra.

Medicións

  • diámetro: 85 cm

Embalaxe

MÄVINN

Número de artigo405.750.48
  • Longo: 82 cm
  • Peso: 1.23 kg
  • Diámetro: 9 cm
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

5Valoración media
3Opinións

Accesorios para MÄVINN

A idea tras o produto

A idea tras o produto

Na colección MÄVINN, o uso de cores fortes, cadrados e raias foi unha constante á que lle engadimos, ademais, un gato negro como complemento decorativo. Ser 2 deseñadores con distintas carreiras profesionais tamén foi unha vantaxe notoria. Agardamos que os nosos produtos vos gusten, aínda que o que máis nos gustaría é que apreciásedes o feito de traballarmos da man de empresas sociais e artesáns, porque detrás de cada obxecto hai unha persoa.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.