Como conseguilo
Co xogo para picnic MARULK, as túas saídas ao campo serán aínda máis cómodas e agradables. Todo o que catro persoas poden necesitar colle na bolsa de malla que se inclúe no lote.
Detalles do produto
Co xogo para picnic MARULK para 4 persoas as túas saídas ao campo serán aínda máis cómodas e agradables.
Unha bandexa para preparar e servir a comida. Ao acabar, mete os cubertos na bandexa e o prato por riba boca abaixo, como formando unha cuncha.
Para maior comodidade, as distintas pezas do conxunto mantéñense unidas por medio dunha banda elástica.
As canecas son empillables e na bolsa podes gardar cada unha das pezas deste xogo. O conxunto ideal para levar contigo de merenda ao campo.
Jens Fager
Medicións
Opinións dos clientes
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"Mentres deseñaba MARULK, pensaba en crear un xogo para pícnic cun toque sofisticado, elegante e festivo. Os obxectos presentan liñas suaves e sinxelas con fermosos detalles e cores que acompañarán e enfeitarán o momento da comida. E, a maiores, todos eles teñen unha forma que facilita a limpeza. Un xogo compacto que colle na bolsa que se inclúe e ideal para levardes convosco nas vosas excursións ou para utilizar nas grelladas no xardín. As comidas en compañía son momentos inesquecibles".