Esta inclúe unha base grande en mármore negro e unha lámpada LED eficiente cun filamento visible que emite unha luz decorativa a través do cristal. Vai igual de ben nunha mesa ou nun andel.
Detalles do produto
É pequena e, por tanto, fácil de colocar en calquera punto da casa onde queiras ter luz de ambiente.
A lámpada mantense estábel grazas á pesada base de mármore.
A luz LED consome ata un 85 % menos de enerxía e dura 10 veces máis que as bombillas incandescentes tradicionais.
O índice de reprodución cromática (IRC) dunha lámpada define o ben que a luz reflicte as cores reais. Un valor superior a 80 é óptimo e aproxímase a unha luz natural.
As lámpadas LED son eficiente e duradeiras e teñen unha vida útil dunhas 15000 horas.
As lámpadas LED están dispoñibles en distintas temperaturas de cor. Desta forma podes elixir entre luces más ou menos cálidas. Esta lámpada en concreto emite unha luz cálida (2200 Kelvin).
Ilumina a toda potencia en canto acendes a lámpada.
Información técnica
LUNNOM
Lámpada LED E27 470 lumens
Número de artigo105.393.68Nome de marca | IKEA |
Referencia de modelo | LED2119G3 |
Clase de eficiencia enerxética | C |
Consumo de enerxía da fonte de luz en modo acendido | 3 kWh/1.000 h |
Potencia nominal | 3.1 W |
Fluxo luminoso nominal | 470 lumens |
Vida útil da lámpada | 15000 h |