Saltar

MÄLLSTEN Chan exterior / chan terraza

Prezo anterior 34,99€
24,98€/9 pack
28% de desconto, aforra 10,01€
Outlet
Prezo válido 26.06.25 - 26.06.26 ou ata fin de existencias.

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

O chan MÄLLSTEN de porcelana resistente aos elementos permíteche personalizar facilmente o teu balcón ou terraza. Como as partes encaixan entre si, non precisas ferramentas para montalo. Combínao co chan RUNNEN para darlle un toque máis creativo.

Número de artigo794.350.52

Detalles do produto

O chan está feito dunha porcelana duradeira e resistente aos elementos que leva unha base de plástico sólido.

A parte superior de porcelana e a base de plástico veñen en paquetes distintos. Para montar o chan, só tes que poñer as partes superiores enriba das bases e encaixar estas últimas entre si, sen necesidade de ferramentas.

Os materiais apenas requiren coidados, abonda limpalos cun pano suave e humedecido en auga ou lavalos cunha mangueira.

A superficie leva unha protección antiescorregante para reducir o risco de caeres cando camiñes por ela.

A cor do chan permanece pese ao uso e o desgaste, xa que se coceu xunto coa porcelana.

Este chan é unha forma sinxela de renovar a terraza ou o balcón.

Ao ser moi fácil de montar e desmontar, podes quitarlle o chan sempre que queiras para limpar a superficie de debaixo.

Número de artigo794.350.52

Información útil

O chan débese colocar en superficies planas e resistentes, coma cemento, pedra ou madeira.

A parte superior de porcelana pode romper se a peza se monta nunha superficie irregular.

O chan de exterior/terraza MÄLLSTEN non se pode cortar. Se necesitas colocalo nunha esquina, podes utilizar o chan de exterior/terraza RUNNEN e cortalo para que quede perfecto.

Pódese combinar co chan de exterior/terraza MÄLLSTEN e RUNNEN, de distintas cores e materiais.

Inclúe: 9 pezas superiores e 9 pezas inferiores de chan de exterior (30x30 cm).

O produto pódese reciclar ou usar para a recuperación enerxética (se estiver dispoñible na túa zona).

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Mantemento

Limpar cunha suave solución xabonosa.

Seguridade e conformidade

Este chan de exterior/terraza probouse para uso doméstico e cumpre os requisitos de durabilidade e seguridade que establece a norma EN 14411:2016.

Medicións

  • Área total: 0.81 m²
  • lonxitude: 30 cm
  • Ancho: 30 cm
  • grosor: 2 cm
  • Unidades: 9 pack

Embalaxe

Este produto ven en 2 paquete(s).

MÄLLSTEN

Número de artigo404.562.86
  • Ancho: 32 cm
  • Alto: 7 cm
  • Longo: 33 cm
  • Peso: 1.30 kg
  • Paquete(s): 1

MÄLLSTEN

Número de artigo105.089.08
  • Ancho: 31 cm
  • Alto: 12 cm
  • Longo: 31 cm
  • Peso: 22.00 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4Valoración media
12Opinións

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.