MÅLA Tesoiras
Como conseguilo
A serie MÅLA ten todo o que o teu fillo precisa para desenvolver a súa creatividade. Pintar, recortar, debuxar... Trátase de que o pase ben e explore o mundo coa súa imaxinación. Sen límites!
Detalles do produto
Con estas tesoiras, os pequenos poden recortar papel de xeito seguro tanto coa man dereita como coa esquerda.
Especialmente deseñadas para que os nenos non se corten.
Todos os artigos da serie MÅLA son atóxicos. Preocupámonos tanto coma ti pola saúde dos artistas do futuro.
A creatividade relaxa e concentra; é ideal após unha longa xornada de cole e actividades.
S Fager/C Tubertini
Medicións
Opinións dos clientes
Explora as túas opcións
Proba os mobles e a decoración xuntos nun espazo virtual e atopa os produtos perfectos para crear un espazo divertido e funcional para o teu fillo.


Para os pequenos creadores curiosos
Debuxos e rotuladores sen tampa ciscados por toda a cociña. Sóache? É o bo que ten vivir con nenos porque o certo é que dá a vida. Pintar, debuxar e traballar coas mans son actividades divertidas e importantes, porque teñen unha influencia positiva sobre o seu desenvolvemento. Cando creamos a serie MÅLA, tomamos moi en serio as súas creacións e escoitamos aos verdadeiros expertos: os propios nenos.
O primeiro paso é coñecer a opinión do neno para entender que é o que realmente necesita. Neste proxecto apoiámonos nos coñecementos extraídos da pedagoxía centrada na creatividade. "Decatámonos de que a creatividade non é un simple xogo para as nenas e nenos, son pequenos investigadores que crean para comprender o mundo que os rodea", di Ina Tidbeck Sjöblom, que participou da creación da serie MÅLA.
Para artistas con moito choio
O equipo entrevistou grupos de nenos a quen lles pedimos que probasen os nosos prototipos e nos desen a súa opinión. Cales eran as súas cores favoritas? Que pensaban do papel? "As súas opinións tiñan unha base moi sólida e lóxica. Descubrimos tamén como utilizaban os aparellos para pintar e debuxar. Por exemplo, a un neno de catro anos que está a facer un debuxo non sempre se lle acorda volver a poñerlle a tampa aos rotuladores que vai utilizando. E neses casos, os rotuladores deixan de funcionar aos tres días". Para crear un obxecto final dunha calidade imbatible a un prezo único, pedímoslle ao equipo de desenvolvemento que non escatimase en tempo nin en esforzo. "É moi importante saber o que os nenos fan e como o fan. Por iso tivemos en conta as súas opinións e nos aseguramos de que os produtos satisfacían as súas necesidades.
Comezos sinxelos
A serie MÅLA leva entre nós xa un tempo, mais segue a medrar e evolucionar conforme imos descubrindo necesidades novas e van aparecendo ideas novas. É imperativo que todas as partes dos obxectos sexan fáciles de manipular cando nos vén a inspiración. "Non queremos que os pais do neno teñan que estar con el cada vez que lle apeteza poñerse a pintar ou debuxar. Que poidan facer cousas por si mesmos é unha parte moi importante no seu desenvolvemento persoal. Porque van medrando con cada creación".
Material
Que é o aceiro inoxidable?
O aceiro inoxidable é utilizado tanto en estruturas de edificios e coches, como tamén en vertedoiros e coitelos. É comprensible que teña tantas utilidades. O aceiro inoxidable é un material resistente e duradeiro, cunha excelente resistencia á corrosión, é dicir, ao óxido. Adoita conter baixas cantidades de níquel e en IKEA xeralmente empregamos aceiro inoxidable sen níquel. Como pasa con outros metais, é un material que se pode reciclar unha e outra vez para convertelo en produtos novos, sen que isto afecte as súas propiedades.
Calidade
O xenio creativo vén en tamaño pequeno!
Pinta! Recorta! Debuxa! A serie MÅLA todo o que o teu fillo necesita para dar renda solta á súa imaxinación e creatividade. Pinceis con mango de madeira sen tratar para un bo agarre, tesoiras adaptadas ás mans dos máis pequenos e cores fáciles de mesturar e lavar. Nada de rifar ao teu fillo para que volva poñer a tapa: os nosos rotuladores aguantan 3 días enteiros sen tapa. Todo é non tóxico, por suposto. Porque nos preocupamos tanto como ti pola próxima xeración de mentes creativas.