Saltar

MÅLA Portarrolos con almacenaxe

8,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

O soño de todo pequeno artista. Este produto permite instalar un rolo de papel de debuxo e gardar lapis e rotuladores. Unha vez que o debuxo estea acabado, o teu fillo poderá arrincalo facilmente grazas ao cortapapel vermello.

Número de artigo704.889.69

Detalles do produto

Para un rolo de papel, lapis e pinturas. Situar sobre unha superficie uniforme.

Cando a creación estiver pronta, preme coa man sobre o cortador vermello e arrinca o papel.

A creatividade relaxa e concentra; é ideal após unha longa xornada de cole e actividades.

Traballar coas mans mellora a capacidade de aprendizaxe do teu fillo e as súas habilidades motrices finas.

O agasallo ideal para os nenos aos que lles encanta facer manualidades.

Todos os artigos da serie MÅLA son atóxicos. Preocupámonos tanto coma ti pola saúde dos artistas do futuro.

Deseñador

S Fager/W Braasch

Número de artigo704.889.69

Información útil

Pode completarse co rolo de papel para debuxar MÅLA.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Marco:
NOTRANS, NOTRANS
Bandexa:
NOTRANS, NOTRANS
Barrote:
NOTRANS, NOTRANS
Compoñentes de plástico:
NOTRANS

Mantemento

Limpar cun pano seco.

Seguridade e conformidade

ATENCIÓN! A montaxe débea realizar unha persoa adulta. Abre o paquete con extremo coidado: inclúe pezas pequenas que son perigosas para nenos menores de 3 anos.Recomendado para nenos a partir de 3 anos de idade.Este produto leva marcado CE.

Medicións

  • lonxitude: 50 cm
  • Ancho: 13 cm
  • Altura: 18 cm

Embalaxe

MÅLA

Número de artigo704.889.69
  • Ancho: 14 cm
  • Alto: 5 cm
  • Longo: 50 cm
  • Peso: 1.35 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.3Valoración media
300Opinións

As túas olladas

Ideas suxeridas por este produto

Para os pequenos creadores curiosos

Debuxos e rotuladores sen tampa ciscados por toda a cociña. Sóache? É o bo que ten vivir con nenos porque o certo é que dá a vida. Pintar, debuxar e traballar coas mans son actividades divertidas e importantes, porque teñen unha influencia positiva sobre o seu desenvolvemento. Cando creamos a serie MÅLA, tomamos moi en serio as súas creacións e escoitamos aos verdadeiros expertos: os propios nenos.

O primeiro paso é coñecer a opinión do neno para entender que é o que realmente necesita. Neste proxecto apoiámonos nos coñecementos extraídos da pedagoxía centrada na creatividade. "Decatámonos de que a creatividade non é un simple xogo para as nenas e nenos, son pequenos investigadores que crean para comprender o mundo que os rodea", di Ina Tidbeck Sjöblom, que participou da creación da serie MÅLA.

Para artistas con moito choio

O equipo entrevistou grupos de nenos a quen lles pedimos que probasen os nosos prototipos e nos desen a súa opinión. Cales eran as súas cores favoritas? Que pensaban do papel? "As súas opinións tiñan unha base moi sólida e lóxica. Descubrimos tamén como utilizaban os aparellos para pintar e debuxar. Por exemplo, a un neno de catro anos que está a facer un debuxo non sempre se lle acorda volver a poñerlle a tampa aos rotuladores que vai utilizando. E neses casos, os rotuladores deixan de funcionar aos tres días". Para crear un obxecto final dunha calidade imbatible a un prezo único, pedímoslle ao equipo de desenvolvemento que non escatimase en tempo nin en esforzo. "É moi importante saber o que os nenos fan e como o fan. Por iso tivemos en conta as súas opinións e nos aseguramos de que os produtos satisfacían as súas necesidades.

Comezos sinxelos

A serie MÅLA leva entre nós xa un tempo, mais segue a medrar e evolucionar conforme imos descubrindo necesidades novas e van aparecendo ideas novas. É imperativo que todas as partes dos obxectos sexan fáciles de manipular cando nos vén a inspiración. "Non queremos que os pais do neno teñan que estar con el cada vez que lle apeteza poñerse a pintar ou debuxar. Que poidan facer cousas por si mesmos é unha parte moi importante no seu desenvolvemento persoal. Porque van medrando con cada creación".

Máis información

Calidade

Os xenios creativos veñen en tamaño pequeno!

Pinta! Debuxa! Forma! A serie MÅTENA todo o que un neno necesita para dar renda solta á súa imaxinación e creatividade, e gardar os seus debuxos. Hai un cabalete, pasta de modelar de cores, pinceis e tesoiras fáciles de agarrar que se adaptan ás mans pequenas e pinturas fáciles de mesturar e lavar. Non terás que rifar ao teu fillo para que volva poñer as tapas aos rotuladores: aguantan 3 días sen tapas. E todo é non tóxico. Porque nos preocupamos tanto como ti polas mentes creativas da próxima xeración.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.