Saltar

MÅLA Pintura, cores variadas, 400 ml

6,99€/0.4 l

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

A serie MÅLA ten todo o que o teu fillo precisa para desenvolver a súa creatividade. Pintar, recortar, debuxar... Trátase de que o pase ben e explore o mundo coa súa imaxinación. Sen límites!

Número de artigo104.565.89

Detalles do produto

Inclúe 8 botes de diferentes cores, unha paleta e unha carta de cores para o teu fillo mesturar e crear as súas propias cores.

A pintura vén lista para usar, pero tamén podes diluíla con auga para crear un efecto máis lixeiro.

Os botes brandos permiten controlar facilmente o fluxo da pintura.

Todos os artigos da serie MÅLA son atóxicos. Preocupámonos tanto coma ti pola saúde dos artistas do futuro.

A creatividade relaxa e concentra; é ideal após unha longa xornada de cole e actividades.

Número de artigo104.565.89

Información útil

Inclúe pinturas de base acuosa.

As cores deixan manchas permanentes na maior parte de superficies e materiais, pero pode dar bo resultado lavar inmediatamente a zona afectada con auga tépeda e xabón.

Axitar antes de usar.

Non usar o produto para pintar o rostro nin o corpo.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Bandexa/ Tapa:
NOTRANS
Tubo:
NOTRANS
Asa/mango:
NOTRANS
Cepillo:
NOTRANS
Compoñente metálico:
NOTRANS

Seguridade e conformidade

Recomendado para nenos a partir de 3 anos de idade.As nosas pinturas e lapis cumpren os requisitos de ASTM-D4236, unha norma que garante a seguridade de uso dos materiais artísticos que poidan conter substancias nocivas.Este produto leva marcado CE.

Medicións

  • Unidades: 8 pack
  • volume: 400 ml

Embalaxe

MÅLA

Número de artigo104.565.89
  • Ancho: 11 cm
  • Alto: 8 cm
  • Longo: 17 cm
  • Peso: 0.66 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.7Valoración media
356Opinións
Subministracións de arte: espremer botellas de pintura amarela e verde MÅLA , pincel e pintura de cores.

Para os pequenos creadores curiosos

Debuxos e rotuladores sen tampa ciscados por toda a cociña. Sóache? É o bo que ten vivir con nenos porque o certo é que dá a vida. Pintar, debuxar e traballar coas mans son actividades divertidas e importantes, porque teñen unha influencia positiva sobre o seu desenvolvemento. Cando creamos a serie MÅLA, tomamos moi en serio as súas creacións e escoitamos aos verdadeiros expertos: os propios nenos.

O primeiro paso é coñecer a opinión do neno para entender que é o que realmente necesita. Neste proxecto apoiámonos nos coñecementos extraídos da pedagoxía centrada na creatividade. "Decatámonos de que a creatividade non é un simple xogo para as nenas e nenos, son pequenos investigadores que crean para comprender o mundo que os rodea", di Ina Tidbeck Sjöblom, que participou da creación da serie MÅLA.

Para artistas con moito choio

O equipo entrevistou grupos de nenos a quen lles pedimos que probasen os nosos prototipos e nos desen a súa opinión. Cales eran as súas cores favoritas? Que pensaban do papel? "As súas opinións tiñan unha base moi sólida e lóxica. Descubrimos tamén como utilizaban os aparellos para pintar e debuxar. Por exemplo, a un neno de catro anos que está a facer un debuxo non sempre se lle acorda volver a poñerlle a tampa aos rotuladores que vai utilizando. E neses casos, os rotuladores deixan de funcionar aos tres días". Para crear un obxecto final dunha calidade imbatible a un prezo único, pedímoslle ao equipo de desenvolvemento que non escatimase en tempo nin en esforzo. "É moi importante saber o que os nenos fan e como o fan. Por iso tivemos en conta as súas opinións e nos aseguramos de que os produtos satisfacían as súas necesidades.

Comezos sinxelos

A serie MÅLA leva entre nós xa un tempo, mais segue a medrar e evolucionar conforme imos descubrindo necesidades novas e van aparecendo ideas novas. É imperativo que todas as partes dos obxectos sexan fáciles de manipular cando nos vén a inspiración. "Non queremos que os pais do neno teñan que estar con el cada vez que lle apeteza poñerse a pintar ou debuxar. Que poidan facer cousas por si mesmos é unha parte moi importante no seu desenvolvemento persoal. Porque van medrando con cada creación".

Máis información

Material

Que é o plástico PE?

O PE, ou polietileno, é un plástico versátil con múltiples usos. Tanto pode ser brando e flexible como duro e resistente. En IKEA, utilizamos o PE para fabricar bolsas de plástico, bolsas para conxelar, bloques refrixerantes e táboas de cortar. Unha razón moi importante pola que utilizamos este plástico é que se pode obter a partir de materias primas renovables, como o millo ou a cana de azucre.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.