Saltar

MÅLA Pasta para modelar, cores variadas

4,99€/0.678 kg

Tamén precisarás

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Preme, moldea e crea! A masa de modelar de 6 cores espertará o interese creativo en nenos de todas as idades. Perfecta para días de chuvia ou para facer algo divertido xuntos.

Número de artigo204.936.66

Detalles do produto

Con esta plastilina podes dar forma e crear o que desexes en calquera das 6 cores dispoñibles ou mesturando a túa propia.

A pasta para modelar é flexible e resulta doado darlle forma.

A masa de moldear é un material artístico ideal para as nenas e os nenos de todas as idades.

Ideal para xogar cos amigos ou nunha festa infantil, ou para facer algo creativo en familia.

Cando acabes coa masa, poderás usar os contedores para gardar contas, bólas e outras cousas pequenas.

A creatividade relaxa e concentra; é ideal após unha longa xornada de cole e actividades.

Traballar coas mans mellora a capacidade de aprendizaxe do teu fillo e as súas habilidades motrices finas.

O agasallo ideal para os nenos aos que lles encanta facer manualidades.

Todos os artigos da serie MÅLA son atóxicos. Preocupámonos tanto coma ti pola saúde dos artistas do futuro.

Deseñador

S Fager/W Braasch

Número de artigo204.936.66

Información útil

Inclúe: 6 botes con tapa e pasta para modelar vermella, rosa, azul, amarela, laranxa e verde.

Este produto contén trigo (glute).

Para xogar, non para comer. Ten coidado ao crear obxectos que se parezan a comida, non vaia ser que te trabuques e penses que son comida de verdade.

Se deixas a pasta nos recipientes coa tampa posta e non os deixas ao sol, manterá a súa flexibilidade e cor durante máis tempo.

A vida útil dun bote de masa moldeable sen abrir é duns 2 anos.

No caso de que un anaco de masa quedar fóra do bote e seque, podes sobala un pouco baixo un chorro de auga para abrandala.

Non metas a pasta no forno, no forno microondas, nin preto dunha fonte de calor.

A masa non é resistente á auga, polo que é recomendable non crear barcos nin calquera outra cousa que poida acabar na auga.

Non deixes a masa para modelar ao alcance da túa mascota, xa que podería ser prexudicial se a inxerir.

Pódese combinar co conxunto de 4 pezas para modelar masa MÅLA.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Pasta moldeable:
Fariña de trigo (contén glute), auga, sal, pigmentos
Cunca:
NOTRANS
Tapa:
NOTRANS

Mantemento

A masa non queda fortemente adherida á roupa nin ás superficies. Abonda con pasarlle un pano humedecido ou deixar que seque e quitala cunha espátula.

Seguridade e conformidade

IMPORTANTE En estado seco, os anacos pequenos da masa para modelar poden representar un risco de asfixia para as e os menores de idade.Recomendado para nenos a partir de 3 anos de idade.Este produto leva marcado CE.

Medicións

  • Unidades: 6 pack
  • Peso neto: 678 g
  • Peso/recipiente: 113 g

Embalaxe

MÅLA

Número de artigo204.936.66
  • Ancho: 10 cm
  • Alto: 8 cm
  • Longo: 23 cm
  • Peso: 0.81 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.4Valoración media
192Opinións
Un primeiro plano de play-doh vermello brillante, con grumos verdes e amarelos ao fondo, mostrando a súa textura suave e flexíbel.

Pasta para modelar para expertos

Como debería ser realmente unha boa pasta para modelar? Cando creamos a pasta para modelar MÅLA, pedímoslle axuda a auténticos expertos na materia. Un grupo de nenas e nenos entre os tres e os sete anos probaron distintas mostras e, mentres creaban figuras imaxinativas, faláronnos das súas necesidades.

Antes de crear un produto queremos coñecer as verdadeiras necesidades das persoas que o van utilizar. Así pois, cando creamos produtos infantís, gústanos saber que pensan os e as máis pequenas. "Chamámolo Laboratorio Infantil e a súa opinión foi de grande axuda cando traballamos na pasta para modelar MÅLA", explica Magnus Thuvesson, director do Laboratorio Infantil.

Esperta a creatividade

Non só os cativos probaron as diferentes mostras, os familiares que os acompañaban tamén deron en amasar e crear figuras. "Darlle forma á pasta ten algo que automaticamente esperta a creatividade, independentemente da idade. Pero ás nenas e nenos resultoulles moito máis fácil describir as diferenzas entre os modelos. Un era moi pegañento, outro estaba demasiado duro. Claramente, teñen máis sensibilidade nos dedos".

Obras de arte perennes

Xunto co resto do seu equipo, Magnus rexistrou coidadosamente as opinións de todos eses cativos e cativos para así crear a mellor pasta para modelar posible. Porén, tamén percibiu unha atmosfera especial derredor da mesa. "É unha actividade que transmite tranquilidade, que axuda a crear un ambiente case meditativo". A pasta para modelar é xenial, porque é moi fácil de usar e de devolver ao seu sitio cando queiras gozar dun deses momentos. Para evitar que seque e xogar con ela durante máis tempo, deberías gardar a pasta para modelar MÅLA no seu recipiente de plástico con tampa hermética. "Se un anaco da pasta quedar fóra do recipiente e secar, abonda con botarlle un chisco de auga para devolverlle o seu tacto e comezar a crear figuras fantásticas de novo".

Máis información

Calidade

Os xenios creativos veñen en tamaño pequeno!

Pinta! Debuxa! Forma! A serie MÅTENA todo o que un neno necesita para dar renda solta á súa imaxinación e creatividade, e gardar os seus debuxos. Hai un cabalete, pasta de modelar de cores, pinceis e tesoiras fáciles de agarrar que se adaptan ás mans pequenas e pinturas fáciles de mesturar e lavar. Non terás que rifar ao teu fillo para que volva poñer as tapas aos rotuladores: aguantan 3 días sen tapas. E todo é non tóxico. Porque nos preocupamos tanto como ti polas mentes creativas da próxima xeración.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.