MÅLA Conxunto dar forma masa 4 pezas, multicolor
Como conseguilo
Con este xogo, os e as máis pequenas da casa poderán crear distintas formas coa masa e figuras de cores. Unha actividade para fomentar a imaxinación.
Detalles do produto
Un rolo, ideal para que os e as máis pequenas da casa traballen coa masa. Inclúe tamén cortadores con formas para maior diversión. Seguro que ti tamén te animas.
Os moldes son ideais tamén para debuxar en papel con rotuladores, lapis de cores e ceras da serie MÅLA.
Deseñados para os máis pequenos: son fáciles de coller e abonda premer para crear as figuras.
A creatividade relaxa e concentra; é ideal após unha longa xornada de cole e actividades.
Traballar coas mans mellora a capacidade de aprendizaxe do teu fillo e as súas habilidades motrices finas.
O agasallo ideal para os nenos aos que lles encanta facer manualidades.
IKEA of Sweden
Medicións
Opinións dos clientes

Para os pequenos creadores curiosos
Debuxos e rotuladores sen tampa ciscados por toda a cociña. Sóache? É o bo que ten vivir con nenos porque o certo é que dá a vida. Pintar, debuxar e traballar coas mans son actividades divertidas e importantes, porque teñen unha influencia positiva sobre o seu desenvolvemento. Cando creamos a serie MÅLA, tomamos moi en serio as súas creacións e escoitamos aos verdadeiros expertos: os propios nenos.
O primeiro paso é coñecer a opinión do neno para entender que é o que realmente necesita. Neste proxecto apoiámonos nos coñecementos extraídos da pedagoxía centrada na creatividade. "Decatámonos de que a creatividade non é un simple xogo para as nenas e nenos, son pequenos investigadores que crean para comprender o mundo que os rodea", di Ina Tidbeck Sjöblom, que participou da creación da serie MÅLA.
Para artistas con moito choio
O equipo entrevistou grupos de nenos a quen lles pedimos que probasen os nosos prototipos e nos desen a súa opinión. Cales eran as súas cores favoritas? Que pensaban do papel? "As súas opinións tiñan unha base moi sólida e lóxica. Descubrimos tamén como utilizaban os aparellos para pintar e debuxar. Por exemplo, a un neno de catro anos que está a facer un debuxo non sempre se lle acorda volver a poñerlle a tampa aos rotuladores que vai utilizando. E neses casos, os rotuladores deixan de funcionar aos tres días". Para crear un obxecto final dunha calidade imbatible a un prezo único, pedímoslle ao equipo de desenvolvemento que non escatimase en tempo nin en esforzo. "É moi importante saber o que os nenos fan e como o fan. Por iso tivemos en conta as súas opinións e nos aseguramos de que os produtos satisfacían as súas necesidades.
Comezos sinxelos
A serie MÅLA leva entre nós xa un tempo, mais segue a medrar e evolucionar conforme imos descubrindo necesidades novas e van aparecendo ideas novas. É imperativo que todas as partes dos obxectos sexan fáciles de manipular cando nos vén a inspiración. "Non queremos que os pais do neno teñan que estar con el cada vez que lle apeteza poñerse a pintar ou debuxar. Que poidan facer cousas por si mesmos é unha parte moi importante no seu desenvolvemento persoal. Porque van medrando con cada creación".