Saltar

MÅLA Caixa de acuarelas, cores variadas

5,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

A serie MÅLA ten todo o que o teu fillo precisa para desenvolver a súa creatividade. Pintar, recortar, debuxar... Trátase de que o pase ben e explore o mundo coa súa imaxinación. Sen límites!

Número de artigo201.932.67

Detalles do produto

Acuarelas de cores vivas que se mesturan ben e lles permiten aos nenos crear as súas propias cores.

Divertido e fácil de usar: os recipientes para auga mantéñense estables dentro da caixa e os pinceis deseñáronse especialmente para as mans dos nenos.

Unha caixa práctica onde o teu fillo pode gardar o material de debuxo e transportalo facilmente.

A creatividade relaxa e concentra; é ideal após unha longa xornada de cole e actividades.

Todos os artigos da serie MÅLA son atóxicos. Preocupámonos tanto coma ti pola saúde dos artistas do futuro.

Deseñador

S Fager/C Tubertini

Número de artigo201.932.67

Información útil

Inclúe: 14 bloques de distintas cores, bandexa, 2 recipientes para auga e 2 pinceis.

As cores deixan manchas permanentes na maior parte de superficies e materiais, pero pode dar bo resultado lavar inmediatamente a zona afectada con auga tépeda e xabón.

Despois de empregala lava a man con auga os pinceis, os recipientes e a caixa. Incluso limpa os bloques das cores con auga e elimina o exceso.

Non usar o produto para pintar o rostro nin o corpo.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Compoñentes plásticos:
NOTRANS
Tapa:
NOTRANS
Brocha:
NOTRANS
Cepillo:
NOTRANS
Compoñente metálico:
NOTRANS

Seguridade e conformidade

ATENCIÓN! RISCO DE ASFIXIA. Partes pequenas. Non é adecuado para nenos menores de 3 anos.Recomendado para nenos a partir de 3 anos de idade.As nosas pinturas e lapis cumpren os requisitos de ASTM-D4236, unha norma que garante a seguridade de uso dos materiais artísticos que poidan conter substancias nocivas.Este produto leva marcado CE.

Medicións

Embalaxe

MÅLA

Número de artigo201.932.67
  • Ancho: 15 cm
  • Alto: 6 cm
  • Longo: 24 cm
  • Peso: 0.36 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.7Valoración media
558Opinións

SostibilidadeAs persoas e o planeta

Enerxía e recursos

Deixa que se expresen

Os rotuladores MÅSONA inocuos, polo que eles divertiranse e ti quedarasche tranquilo. Á fin e ao cabo, os nenos de hoxe son os pensadores e artistas do futuro.

Conxunto de arte infantil vibrante: pinturas de cores, pinceis e cuncas en caixas duradeiras.

Para os pequenos creadores curiosos

Debuxos e rotuladores sen tampa ciscados por toda a cociña. Sóache? É o bo que ten vivir con nenos porque o certo é que dá a vida. Pintar, debuxar e traballar coas mans son actividades divertidas e importantes, porque teñen unha influencia positiva sobre o seu desenvolvemento. Cando creamos a serie MÅLA, tomamos moi en serio as súas creacións e escoitamos aos verdadeiros expertos: os propios nenos.

O primeiro paso é coñecer a opinión do neno para entender que é o que realmente necesita. Neste proxecto apoiámonos nos coñecementos extraídos da pedagoxía centrada na creatividade. "Decatámonos de que a creatividade non é un simple xogo para as nenas e nenos, son pequenos investigadores que crean para comprender o mundo que os rodea", di Ina Tidbeck Sjöblom, que participou da creación da serie MÅLA.

Para artistas con moito choio

O equipo entrevistou grupos de nenos a quen lles pedimos que probasen os nosos prototipos e nos desen a súa opinión. Cales eran as súas cores favoritas? Que pensaban do papel? "As súas opinións tiñan unha base moi sólida e lóxica. Descubrimos tamén como utilizaban os aparellos para pintar e debuxar. Por exemplo, a un neno de catro anos que está a facer un debuxo non sempre se lle acorda volver a poñerlle a tampa aos rotuladores que vai utilizando. E neses casos, os rotuladores deixan de funcionar aos tres días". Para crear un obxecto final dunha calidade imbatible a un prezo único, pedímoslle ao equipo de desenvolvemento que non escatimase en tempo nin en esforzo. "É moi importante saber o que os nenos fan e como o fan. Por iso tivemos en conta as súas opinións e nos aseguramos de que os produtos satisfacían as súas necesidades.

Comezos sinxelos

A serie MÅLA leva entre nós xa un tempo, mais segue a medrar e evolucionar conforme imos descubrindo necesidades novas e van aparecendo ideas novas. É imperativo que todas as partes dos obxectos sexan fáciles de manipular cando nos vén a inspiración. "Non queremos que os pais do neno teñan que estar con el cada vez que lle apeteza poñerse a pintar ou debuxar. Que poidan facer cousas por si mesmos é unha parte moi importante no seu desenvolvemento persoal. Porque van medrando con cada creación".

Máis información

Calidade

O xenio creativo vén en tamaño pequeno!

Pinta! Recorta! Debuxa! A serie MÅLA todo o que o teu fillo necesita para dar renda solta á súa imaxinación e creatividade. Pinceis con mango de madeira sen tratar para un bo agarre, tesoiras adaptadas ás mans dos máis pequenos e cores fáciles de mesturar e lavar. Nada de rifar ao teu fillo para que volva poñer a tapa: os nosos rotuladores aguantan 3 días enteiros sen tapa. Todo é non tóxico, por suposto. Porque nos preocupamos tanto como ti pola próxima xeración de mentes creativas.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.