MÅLA Caixa accesorios debuxo, vermello, 35x27 cm
Como conseguilo
Esta maleta de debuxo é o mellor compañeiro de viaxe para un pequeno artista, xa que ten unha chea de petos para gardar rotuladores, lapis, papel e tesoiras, ademais dun taboleiro de debuxo na parte posterior.
Detalles do produto
Para que o teu fillo poida desenvolver a súa creatividade en calquera momento e en calquera lugar. Na parte posterior leva un taboleiro de debuxo e unha pinza para suxeitar o papel.
Ten compartimentos para obxectos máis grandes, como papel A4 e pinceis, ademais de velcro para suxeitar os lapis e un peto con cremalleira para as cousas pequenas.
Ideal para levares de viaxe, xa que a maleta é lixeira e ten unha asa forte e resistente.
Todos os artigos da serie MÅLA son atóxicos. Preocupámonos tanto coma ti pola saúde dos artistas do futuro.
Pintar é unha tarefa ideal para relaxarse logo dun día de moita actividade.
Henrik Johansson
Medicións
- lonxitude: 35 cm
- Ancho: 4 cm
- Altura: 27 cm
Opinións dos clientes

Para os pequenos creadores curiosos
Debuxos e rotuladores sen tampa ciscados por toda a cociña. Sóache? É o bo que ten vivir con nenos porque o certo é que dá a vida. Pintar, debuxar e traballar coas mans son actividades divertidas e importantes, porque teñen unha influencia positiva sobre o seu desenvolvemento. Cando creamos a serie MÅLA, tomamos moi en serio as súas creacións e escoitamos aos verdadeiros expertos: os propios nenos.
O primeiro paso é coñecer a opinión do neno para entender que é o que realmente necesita. Neste proxecto apoiámonos nos coñecementos extraídos da pedagoxía centrada na creatividade. "Decatámonos de que a creatividade non é un simple xogo para as nenas e nenos, son pequenos investigadores que crean para comprender o mundo que os rodea", di Ina Tidbeck Sjöblom, que participou da creación da serie MÅLA.
Para artistas con moito choio
O equipo entrevistou grupos de nenos a quen lles pedimos que probasen os nosos prototipos e nos desen a súa opinión. Cales eran as súas cores favoritas? Que pensaban do papel? "As súas opinións tiñan unha base moi sólida e lóxica. Descubrimos tamén como utilizaban os aparellos para pintar e debuxar. Por exemplo, a un neno de catro anos que está a facer un debuxo non sempre se lle acorda volver a poñerlle a tampa aos rotuladores que vai utilizando. E neses casos, os rotuladores deixan de funcionar aos tres días". Para crear un obxecto final dunha calidade imbatible a un prezo único, pedímoslle ao equipo de desenvolvemento que non escatimase en tempo nin en esforzo. "É moi importante saber o que os nenos fan e como o fan. Por iso tivemos en conta as súas opinións e nos aseguramos de que os produtos satisfacían as súas necesidades.
Comezos sinxelos
A serie MÅLA leva entre nós xa un tempo, mais segue a medrar e evolucionar conforme imos descubrindo necesidades novas e van aparecendo ideas novas. É imperativo que todas as partes dos obxectos sexan fáciles de manipular cando nos vén a inspiración. "Non queremos que os pais do neno teñan que estar con el cada vez que lle apeteza poñerse a pintar ou debuxar. Que poidan facer cousas por si mesmos é unha parte moi importante no seu desenvolvemento persoal. Porque van medrando con cada creación".