MÅLA Acuarelas, caixa de 14, cores variadas
Como conseguilo
A serie MÅLA ten todo o que o teu fillo precisa para desenvolver a súa creatividade. Pintar, recortar, debuxar... Trátase de que o pase ben e explore o mundo coa súa imaxinación. Sen límites!
Detalles do produto
Estas 14 acuarelas de cores neon son perfectas se queres que o sol brille con máis forza, que o azul do ceo sexa máis intenso e que o verde da herba se vexa máis vivo.
Todos os artigos da serie MÅLA son atóxicos. Preocupámonos tanto coma ti pola saúde dos artistas do futuro.
Pintar é unha tarefa ideal para relaxarse logo dun día de moita actividade.
S Fager/C Tubertini
Medicións
Opinións dos clientes

Para os pequenos creadores curiosos
Debuxos e rotuladores sen tampa ciscados por toda a cociña. Sóache? É o bo que ten vivir con nenos porque o certo é que dá a vida. Pintar, debuxar e traballar coas mans son actividades divertidas e importantes, porque teñen unha influencia positiva sobre o seu desenvolvemento. Cando creamos a serie MÅLA, tomamos moi en serio as súas creacións e escoitamos aos verdadeiros expertos: os propios nenos.
O primeiro paso é coñecer a opinión do neno para entender que é o que realmente necesita. Neste proxecto apoiámonos nos coñecementos extraídos da pedagoxía centrada na creatividade. "Decatámonos de que a creatividade non é un simple xogo para as nenas e nenos, son pequenos investigadores que crean para comprender o mundo que os rodea", di Ina Tidbeck Sjöblom, que participou da creación da serie MÅLA.
Para artistas con moito choio
O equipo entrevistou grupos de nenos a quen lles pedimos que probasen os nosos prototipos e nos desen a súa opinión. Cales eran as súas cores favoritas? Que pensaban do papel? "As súas opinións tiñan unha base moi sólida e lóxica. Descubrimos tamén como utilizaban os aparellos para pintar e debuxar. Por exemplo, a un neno de catro anos que está a facer un debuxo non sempre se lle acorda volver a poñerlle a tampa aos rotuladores que vai utilizando. E neses casos, os rotuladores deixan de funcionar aos tres días". Para crear un obxecto final dunha calidade imbatible a un prezo único, pedímoslle ao equipo de desenvolvemento que non escatimase en tempo nin en esforzo. "É moi importante saber o que os nenos fan e como o fan. Por iso tivemos en conta as súas opinións e nos aseguramos de que os produtos satisfacían as súas necesidades.
Comezos sinxelos
A serie MÅLA leva entre nós xa un tempo, mais segue a medrar e evolucionar conforme imos descubrindo necesidades novas e van aparecendo ideas novas. É imperativo que todas as partes dos obxectos sexan fáciles de manipular cando nos vén a inspiración. "Non queremos que os pais do neno teñan que estar con el cada vez que lle apeteza poñerse a pintar ou debuxar. Que poidan facer cousas por si mesmos é unha parte moi importante no seu desenvolvemento persoal. Porque van medrando con cada creación".
Material
Que é o plástico PET?
O plástico PET é quizá máis coñecido polo seu uso en botellas de bebidas, aínda que é adecuado para envases de alimentos e bebidas, xa que está aprobado para o contacto con alimentos. Igual que outros plásticos, o PET fabrícase en gran parte a partir de materias primas derivadas do petróleo, pero hoxe en día existen aínda mellores oportunidades para utilizar tanto materias primas renovables, como o millo e a cana de azucre, como para reciclar o plástico varias veces. En IKEA, o PET reciclado convértese en moitas cousas: desde caixas de almacenaxe ata recheo brando en almofadas e edredóns.