Saltar

LUSTIGT Estante de parede, 37x37 cm

7,49€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Este estante de parede ten espazo para obxectos grandes e pequenos, xa que as súas tres baldas se poden mover lateralmente. Hai mesmo 3 pequenas escaleiras polas que as cousas poden subir e baixar. Parte da serie LUSTIGT.

Número de artigo303.818.52

Detalles do produto

Para que expoñas os teus obxectos preferidos e os cambies de lugar grazas ás 3 pequenas escaleiras.

Como se pode correr cara aos lados, podes adaptar facilmente o estante ás túas necesidades e ao espazo do que dispoñas.

Deseñador

Maria Vinka

Número de artigo303.818.52

Información útil

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Compoñente de taboleiro:
NOTRANS
Escada:
NOTRANS

Mantemento

Limpar cun pano seco.

Seguridade e conformidade

ATENCIÓN: PERIGO DE ASFIXIA. Pezas pequenas. Non é apto para nenos menores de 3 anos.Recomendado para nenos a partir de 6 anos de idade.Este produto leva marcado CE.

Montaxe e documentos

Medicións

  • Ancho: 37 cm
  • fondo: 6 cm
  • Altura: 37 cm
  • Peso máximo/andel: 400 g
  • Peso máx/compartimento: 2 kg
  • Anchura total: 63 cm

Embalaxe

LUSTIGT

Número de artigo303.818.52
  • Ancho: 8 cm
  • Alto: 7 cm
  • Longo: 39 cm
  • Peso: 0.97 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.7Valoración media
277Opinións
Estante de madeira LUSTIGT con estantes móbiles con xoguetes e obxectos, xunto a unha cadeira branca.

Para xogar máis

Coa serie LUSTIGT queremos fomentar as ganas de divertirse e de gozar da vida a calquera idade. Hai varios xogos e xoguetes que fan que tanto nenos como adultos atopen tempo para xogar e pasar tempo xuntos no día a día, independentemente de se é cuestión de concentrarse nun crebacabezas ou pasar a un xogo dinámico como lanzar a pelota a un soporte de velcro. Para crear esta colección, axudáronnos nenos de todo o mundo e todas as idades. Porque, quen sabe divertirse mellor ca un neno?

Tamén es quen de lembrar eses máxicos momentos de xogo cando eras cativo, cando parecía que o tempo e o espazo pasaban sen te decatares? Quizás te mergullabas nun mundo de coches de xoguete circulando a toda velocidade ou xogabas á pelota cos amigos ata o solpor? O xogo une aos cativos do mundo enteiro, e quizás agora sexa máis preciso ca nunca, na opinión de Amanda Lundqvist, traballadora de IKEA e os nenos. "Nunha época na que nenos e adultos viven unha existencia na que predomina o estrés, o xogo proporciona momentos sen esixencia nos que ninguén debe demostrar nada", puntualiza Amanda. "Por iso, queremos fomentar máis o xogo na vida das persoas". Este é o contexto da orixe de LUSTIGT, unha ampla colección dedicada ao xogo con algo para todos os intereses e formas de xogar. A colección inclúe crebacabezas, un tear, unha corda de saltar con luces LED, bólas con pelotas de peluche e moitos xogos máis para xogar na casa, mesmo se o espazo é reducido.

A vida cotiá tórnase en xogo.

Traballaron en LUSTIGT un total de oito deseñadores. Un deles é Henrik Preutz, que se centrou en xogos máis físicos e contou coa valiosa axuda da súa filla de 7 anos para probar as súas distintas ideas de xogos. "Do mesmo xeito que moitos cativos, a nena ten unha chea de imaxinación e goza creando reglas de seu", lembra Henrik entre risos. "Por iso, desenvolvín o xogo das bólas, o da diana e outros xogos dun xeito que che permita xogar con eles sen te ter que adherir a ningunha norma prefixada". Henrik inspírase moito na súa vida cotiá cos nenos e quere fomentar eses momentos de risos e xogo no fogar. O xogo das bólas autoadhesivas é un bo exemplo diso. Este xogo consiste en vestir o chaleco autoadhesivo e esquivar con rapidez as bólas coas que o teu opoñente intenta golpearte. "É unha marabilla cando o corazón che está a bater forte e esqueces por un momento o ritmo da vida cotiá", recoñece Henrik.

Dende a perspectiva dos cativos

En IKEA e os nenos, non hai produto nado da casualidade: aproveitamos a axuda dos expertos e as achegas máis recentes das investigacións para comprender o desenvolvemento e necesidades infantís. E non só iso, senón que tamén escoitamos aos propios nenos e nenas. Isto aplícase aos cativos próximos, como a filla de Henrik, e os nenos e nenas de diferentes culturas e lugares do mundo. Para LUSTIGT, contamos coa axuda de nenos e nenas e grupos de Helsinki e Xangai que xogaron con todos os xogos e nos proporcionaron valoracións honestas e relevantes ao respecto. Porén, mesmo se a perspectiva dos cativos foi o factor máis determinante no noso traballo con LUSTIGT, agardamos que a colección tamén atraia o interese de nais, pais e outros adultos e que se unan á diversión. "Segundo as investigacións, tanto cativos como adultos queren pasar máis tempo xuntos", corrobora Amanda. "Se es quen de atopar con facilidade eses pequenos momentos para xogar, estou convencida de que mellorará a vida cotiá enormemente".

Máis información

Material

Que é a madeira maciza?

A madeira maciza é un dos nosos materiais favoritos e é parte da nosa tradición escandinava. Tamén é un material atemporal con moitas aplicacións. Independentemente do tipo de madeira, é un material resistente, fermoso e renovable. O noso obxectivo é utilizar esta materia prima da maneira máis intelixente e eficaz posible para evitar desaproveitala. Igualmente, investimos en infraestruturas e loxística para aumentar o uso da madeira reciclada.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.