LUSTIGT Diana, xogo
Como conseguilo
Este xogo de dardos é perfecto para pequenos, xa que os dous lados diferentes da diana axúdanlles a recoñecer os números e as cores. As figuras pequenas quedan pegadas á diana grazas ao velcro.
Detalles do produto
Sempre é importante rir e xogar cos amigos, e máis cando vai mal tempo. Cos xoguetes brandos da serie LUSTIGT tamén o podes facer na casa.
Ademais de ser un hábito saudable, levar unha vida activa mellora as habilidades motoras e a coordinación das e dos máis pequenos.
Henrik Preutz
Medicións
- Ancho: 55 cm
- Altura: 55 cm
Opinións
Opinións dos clientes
Explora as túas opcións
Proba os mobles e a decoración xuntos nun espazo virtual e atopa os produtos perfectos para crear un espazo divertido e funcional para o teu fillo.


Para xogar máis
Coa serie LUSTIGT queremos fomentar as ganas de divertirse e de gozar da vida a calquera idade. Hai varios xogos e xoguetes que fan que tanto nenos como adultos atopen tempo para xogar e pasar tempo xuntos no día a día, independentemente de se é cuestión de concentrarse nun crebacabezas ou pasar a un xogo dinámico como lanzar a pelota a un soporte de velcro. Para crear esta colección, axudáronnos nenos de todo o mundo e todas as idades. Porque, quen sabe divertirse mellor ca un neno?
Tamén es quen de lembrar eses máxicos momentos de xogo cando eras cativo, cando parecía que o tempo e o espazo pasaban sen te decatares? Quizás te mergullabas nun mundo de coches de xoguete circulando a toda velocidade ou xogabas á pelota cos amigos ata o solpor? O xogo une aos cativos do mundo enteiro, e quizás agora sexa máis preciso ca nunca, na opinión de Amanda Lundqvist, traballadora de IKEA e os nenos. "Nunha época na que nenos e adultos viven unha existencia na que predomina o estrés, o xogo proporciona momentos sen esixencia nos que ninguén debe demostrar nada", puntualiza Amanda. "Por iso, queremos fomentar máis o xogo na vida das persoas". Este é o contexto da orixe de LUSTIGT, unha ampla colección dedicada ao xogo con algo para todos os intereses e formas de xogar. A colección inclúe crebacabezas, un tear, unha corda de saltar con luces LED, bólas con pelotas de peluche e moitos xogos máis para xogar na casa, mesmo se o espazo é reducido.
A vida cotiá tórnase en xogo.
Traballaron en LUSTIGT un total de oito deseñadores. Un deles é Henrik Preutz, que se centrou en xogos máis físicos e contou coa valiosa axuda da súa filla de 7 anos para probar as súas distintas ideas de xogos. "Do mesmo xeito que moitos cativos, a nena ten unha chea de imaxinación e goza creando reglas de seu", lembra Henrik entre risos. "Por iso, desenvolvín o xogo das bólas, o da diana e outros xogos dun xeito que che permita xogar con eles sen te ter que adherir a ningunha norma prefixada". Henrik inspírase moito na súa vida cotiá cos nenos e quere fomentar eses momentos de risos e xogo no fogar. O xogo das bólas autoadhesivas é un bo exemplo diso. Este xogo consiste en vestir o chaleco autoadhesivo e esquivar con rapidez as bólas coas que o teu opoñente intenta golpearte. "É unha marabilla cando o corazón che está a bater forte e esqueces por un momento o ritmo da vida cotiá", recoñece Henrik.
Dende a perspectiva dos cativos
En IKEA e os nenos, non hai produto nado da casualidade: aproveitamos a axuda dos expertos e as achegas máis recentes das investigacións para comprender o desenvolvemento e necesidades infantís. E non só iso, senón que tamén escoitamos aos propios nenos e nenas. Isto aplícase aos cativos próximos, como a filla de Henrik, e os nenos e nenas de diferentes culturas e lugares do mundo. Para LUSTIGT, contamos coa axuda de nenos e nenas e grupos de Helsinki e Xangai que xogaron con todos os xogos e nos proporcionaron valoracións honestas e relevantes ao respecto. Porén, mesmo se a perspectiva dos cativos foi o factor máis determinante no noso traballo con LUSTIGT, agardamos que a colección tamén atraia o interese de nais, pais e outros adultos e que se unan á diversión. "Segundo as investigacións, tanto cativos como adultos queren pasar máis tempo xuntos", corrobora Amanda. "Se es quen de atopar con facilidade eses pequenos momentos para xogar, estou convencida de que mellorará a vida cotiá enormemente".
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"Inspireime nos meus fillos e, por medio da serie LUSTIGT, o que buscaba era fomentar o movemento, os risos e os xogos. O xogo da pita cega é un bo exemplo. Consiste en correr detrás dunha persoa e tocala coa man, mentres ela intenta escapar. Aos máis pequenos gústalles crear as súas propias normas, polo que ideei os xogos de maneira que se poida xogar ó gusto de cadaquén. Quen sabe? Talvez o aro canastra axuda a que a roupa e xoguetes sucios desaparezan nun chiscar de ollos".