





- Duración: 40 hr
Un aroma floral cálido que crea un ambiente luminoso, tranquilo e elegante no teu fogar. Esta candea perfumada nun soporte de vidro fai que a cor da vela forme parte da túa decoración, un xeito sinxelo de darlle un aire novo ao cuarto.
Detalles do produto
Un aroma relaxante que evoca lembranzas de pomposos ramos de flores e ambientes apracibles, momentos nos que todo resulta acolledor e calmo.
Este aroma elegante e reconfortante a flores rosas crea unha sensación de benestar e axúdate a sentirte realmente na casa.
Utiliza esta candea aromática como detalle no fogar integrando a cor da candea como parte da túa decoración; trátase dun xeito doado de actualizar a decoración sen grandes investimentos.
Podes agrupar varias candeas de diferentes tamaños para obter unha sensación dinámica e unha experiencia aromática máis intensa.
A súa duración prolongada permíteche gozar da candea durante máis tempo.
Polo menos o 75% da cera deste produto procede da cera de orixe vexetal renovable.
Unha vez que a candea termina de arder, podes limpar e reutilizar o recipiente, por exemplo como candeeiro, como floreiro ou para gardar obxectos de pequeno tamaño.
IKEA of Sweden
Información útil
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Mantemento
Se lavas a superficie con auga quente, eliminas facilmente a cera endurecida.
Conserva o produto nun lugar fresco e seco, lonxe de fontes de calor.
Seguridade e conformidade
Medicións
- duración: 40 hr
- diámetro: 8 cm
- Altura: 9 cm
Embalaxe
LOTSFÅGEL
Número de artigo006.083.76- Longo: 9 cm
- Peso: 0.45 kg
- Diámetro: 8 cm
- Paquete(s): 1
Produtos relacionados
Recomendado para ti
SostibilidadeAs persoas e o planeta
Vida sostible na casa
A vida continúa
Cando a túa candea perfumada se consuma, o recipiente seguirá sendo útil. Como? Simplemente retira a cera sobrante e lávao. Despois diso, as túas necesidades e imaxinación son quen marcarán os límites. Talvez poidas utilizalo como candeeiro ou como recipiente para gardar xoias e outros artigos pequenos. O caso é que ese recipiente pode seguir sendo de utilidade, así que dálle unha segunda oportunidade e búscalle un oco na casa.
Material
Polo menos un 75% de orixe vexetal
A cera vexetal é un material renovable elaborado a partir de aceite de colza, soia e/ou de carité. Polo menos o 75% da cera das nosas candeas perfumadas é de orixe vexetal e a nosa intención é que esa porcentaxe vaia en aumento. Utilizamos unha mestura de diferentes ceras con parafina para conseguir unha chama estable e que libere a fragrancia de maneira uniforme.