Saltar

LITOSFÄR Cargador pilas+caixa, azul escuro

14,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Adoitas quedar sen pilas xusto cando máis as necesitas? Este problema soluciónase utilizando pilas recargables. Con LITOSFÄR poderás cargar e gardar as túas pilas, quen dá máis?

Número de artigo104.924.84

Detalles do produto

Se adoitas utilizar pilas alcalinas, poderás aforrar cartos, reducir o lixo e o impacto sobre o medio con só pasarte ás pilas recargables LADDA e cargándoas con LITOSFÄR.

LISTOFÄR é un cargador e compartimento para gardar baterías, todo nun.

8 rañuras de carga individual para cargar de 1 a 8 pilas ao mesmo que permite mesturar pilas AA e AAA.

No compartimento do lado esquerdo podes gardar ata 8 pilas AA e 4 pilas AAA, así sempre as terás á man cando as necesites.

Cando as baterías estean completamente cargadas e o cargador siga enchufado, a carga pasará a ser por goteo. As baterías pódense gardar nas rañuras de carga sen descargarse.

Este cargador está fabricado con plástico 50% reciclado.

Deseñador

David Wahl

Número de artigo104.924.84

Información útil

Respecta a polaridade +/- e asegúrate de que as pilas estean correctamente inseridas no cargador ou o produto.

O indicador LED mostra o estado da carga.

Temperatura de funcionamento do cargador: de 0 °C a 40 °C.

Os dispositivos poden quentarse durante a recarga. É un fenómeno normal e arrefriaranse gradualmente despois de cargarse por completo.

O tempo de carga pode variar en función da capacidade da batería do dispositivo, do nivel de carga, da idade da batería e da temperatura do ámbito.

IKEA recomenda as baterías recargables LADDA.

Require un tratamento de residuos especial. Contacta coas autoridades da túa localidade para obter máis información.

O cargador debe estar conectado ao enchufe para que a carga por goteo funcione durante a almacenaxe.

A carga finaliza mediante detectores individuais de tensión menos delta ou cero delta (-dV/dT ou 0dV/dT).

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Caixa/ Tapa/ Carcasa intermedia:
Plástico policarbonato (mín. 50 % reciclado)
Caixa para as pilas:
NOTRANS
Imán:
NOTRANS, NOTRANS

Mantemento

Quita o enchufe da toma antes de limpalo.

Limpar cun pano seco.

Seguridade e conformidade

Cargar só con pilas recargables de tipo Ni-MH, cunha capacidade mínima de 500mAh (AAA) ou 1000mAh (AA)Non intentes cargar pilas non recargables.Só para uso en interiores.Revisa que o cable, enchufe, armazón e outras partes do produto non están danados, en caso contrario, non utilices o produto co cargador.Este produto leva marcado CE.

Medicións

  • lonxitude do cable: 1.6 m
  • Altura: 14.5 cm
  • lonxitude: 11.0 cm
  • Ancho: 5.5 cm

Embalaxe

LITOSFÄR

Número de artigo104.924.84
  • Ancho: 15 cm
  • Alto: 6 cm
  • Longo: 15 cm
  • Peso: 0.40 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.4Valoración media
63Opinións

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.