- Lavable á máquina
Quen podería imaxinar que o poliéster reciclado puidese transformarse nunha esponxosa alfombra de suaves tons grises? Colócaa a carón da cama e dálle unha suave masaxe aos teus pés cada mañá.
Detalles do produto
O pelo denso e groso amortece o son e proporciona unha superficie suave e branda para os pés.
É doada de limpar xa que se pode lavar á máquina.
Unha alfombra ideal para poñer xunto á cama e apoiar os pés nunha superficie suave e cálida cada mañá.
O material da base mantén a alfombra no seu sitio e reduce o risco de escorregar.
Ideal para o dormitorio, xa que esta alfombra ten un tacto suave, crea un espazo acolledor e amortece os ruídos.
IKEA of Sweden
Información útil
Cando desembales a alfombra e a desenvolvas, tardará 2 días en recuperar a forma orixinal.
Alfombra acolchada feita á máquina.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Superficie de desgaste:
- 100 % poliéster (90 % reciclado como mín.)
- Lámina protectora:
- 100 % caucho sintético
Mantemento
Lavar á máquina a 40 °C como máximo, tratamento normal.
Non empregar lixivia.
Non secar na secadora.
Non pasar o ferro.
Non limpar en seco.
Aspira e rota a alfombra con regularidade.
Manchas secas: elimínaas de xeito inmediato fretando con coidado cara o centro da mancha.
Manchas húmidas: non fretes. Absórbeas con papel de cociña; humedéceas cun pano e un limpador suave.
Cando aspires a alfombra para limpala, emprega sempre o accesorio estándar para o chan, nunca o cepillo rotatorio.
Medicións
- lonxitude: 150 cm
- Ancho: 80 cm
- grosor: 9 mm
- superficie: 1.20 m²
- densidade da superficie: 1610 g/m²
- Densidade (g/m2): 950 g/m²
- Longo do pelo: 26 mm
Embalaxe
LINDKNUD
Número de artigo504.787.25- Longo: 80 cm
- Peso: 2.17 kg
- Diámetro: 14 cm
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Accesorios para LINDKNUD
Material
Que é o poliéster reciclado?
Ao crear produtos a partir de poliéster reciclado, as botellas PET e outros obxectos teñen a posibilidade de ter outra vida e converterse así en tecidos, caixas, frontes de cociña e mesmo lámpada. Estes novos produtos garanten a mesma calidade cós produtos de poliéster virxe. E obviamente o resultado é igual de limpo e seguro. E pode que o mellor de todo é saber que estás a contribuír a utilizar menos materias primas.





