Saltar
Novidade

LILLABO Xogo vehículos 4 unidades

6,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

A cidade é un espazo moi interesante, cheo de vida e de aventuras novas e emocionantes en cada esquina, sobre todo con estes vistosos vehículos de xoguete. Forman parte da serie LILLABO, con moitos outros vehículos e un garaxe.

Número de artigo505.893.61

Detalles do produto

Un coche de policía, un autobús escolar, un camión do lixo e un coche de carreiras, todo en pequeno formato. Perfecto para esas mans pequechiñas que viven grandes aventuras!

Cando estes vehículos cotiáns cobran vida durante o xogo, non só estimulan a imaxinación do teu neno ou nena, senón que abren unha oportunidade para falar da importancia función destes vehículos na sociedade.

Monta, desmonta e volve comezar! As pezas do vehículo encaixan perfectamente, así que o teu neno ou nena pode crear as variacións que se lle ocorran.

Desenvolve a imaxinación, as habilidades motrices e o pensamento lóxico.

É habitual que o xogo se vaia movendo pola estancia, mais non hai problema: os coches móvense coa mesma facilidade directamente no chan como nunha alfombra de pelo curto.

Materiais duradeiros e resistentes ao desgaste, esquinas arredondadas e nada de bordos afiados: seguridade para o teu cativo para que poida xogar sogar só.

Cada produto ten o seu carácter único, con variacións naturais no cor e na vea da madeira.

Parte da serie LILLABO, unha colección de produtos relacionados cos vehículos que lle dá ao teu neno ou nena unha maior comprensión da sociedade e un senso de participación no mundo que os rodea.

Deseñador

Henrik Johansson

Número de artigo505.893.61

Información útil

Ideal para combinar co garaxe con coche e helicóptero LILLABO e cunha alfombra LILLABO ou cun circuíto RÄVUNGE.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Mantemento

Secar cun pano seco.

Seguridade e conformidade

Recomendado a partir dos 18 meses.Este produto leva marcado CE.

Medicións

Embalaxe

LILLABO

Número de artigo505.893.61
  • Ancho: 9 cm
  • Alto: 6 cm
  • Longo: 16 cm
  • Peso: 0.29 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.7Valoración media
3Opinións

Funcionalidade

LILLABO: un mundo marabilloso de circuítos e rodas

Trens avanzando por paisaxes fantásticas, camións de bombeiros e coches de policía en misións perigosas, automóbiles subindo e baixando pola rampla do aparcamento e o camión do lixo facendo o seu traballo tan importante. A serie LILLABO permite o teu fillo mergullarse nun mundo emocionante e crear as súas propias historias e aventuras. O xogo mellora as capacidades para resolver problemas e as habilidades motoras, mentres que o mundo imaxinario permítelle interpretar e comprender a realidade que nos rodea.

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"Ao deseñar os vehículos de xoguete LILLABO, pensei nas distintas maneiras en que os cativos poden xogar con eles. Estes xoguetes poñen a voar a imaxinación dos cativos mediante o xogo de roles e fomentan a creatividade, xa que os cativos poden facer combinacións de seu coas pezas. Están feitos de madeira maciza para que sexan resistentes e duradeiros. Ademais, a madeira é cálida e ten un tacto agradable para os nenos e nenas".

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.