Saltar
Novidade

LILLABO Xogo vehículos 3 unidades

9,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Un coche de bombeiros, un remolque e un coche de carreiras, todos de cores e de gran tamaño, perfectos para xogar. Forman parte da serie LILLABO, con moitos outros vehículos e unha alfombra de xogo.

Número de artigo705.893.55

Detalles do produto

Un remolque, un camión de bombeiros e un coche de carreiras nun tamaño algo maior, perfecto para esas mans pequechiñas que viven grandes aventuras!

Cando estes vehículos cotiáns cobran vida durante o xogo, non só estimulan a imaxinación do teu neno ou nena, senón que abren unha oportunidade para falar da importancia función destes vehículos na sociedade.

Monta, desmonta e volve comezar! As pezas do vehículo encaixan perfectamente, así que o teu neno ou nena pode crear as variacións que se lle ocorran.

Desenvolve a imaxinación, as habilidades motrices e o pensamento lóxico.

É habitual que o xogo se vaia movendo pola estancia, mais non hai problema: os coches móvense coa mesma facilidade directamente no chan como nunha alfombra de pelo curto.

Materiais duradeiros e resistentes ao desgaste, esquinas arredondadas e nada de bordos afiados: seguridade para o teu cativo para que poida xogar sogar só.

Cada produto ten o seu carácter único, con variacións naturais no cor e na vea da madeira.

Parte da serie LILLABO, unha colección de produtos relacionados cos vehículos que lle dá ao teu neno ou nena unha maior comprensión da sociedade e un senso de participación no mundo que os rodea.

Deseñador

Henrik Johansson

Número de artigo705.893.55

Información útil

Ideal para combinar cunha alfombra LILLABO ou cun circuíto RÄVUNGE.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Mantemento

Secar cun pano seco.

Seguridade e conformidade

Recomendado a partir dos 18 meses.Este produto leva marcado CE.

Medicións

Embalaxe

LILLABO

Número de artigo705.893.55
  • Ancho: 9 cm
  • Alto: 8 cm
  • Longo: 35 cm
  • Peso: 0.60 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

5Valoración media
5Opinións

Funcionalidade

LILLABO: un mundo marabilloso de circuítos e rodas

Trens avanzando por paisaxes fantásticas, camións de bombeiros e coches de policía en misións perigosas, automóbiles subindo e baixando pola rampla do aparcamento e o camión do lixo facendo o seu traballo tan importante. A serie LILLABO permite o teu fillo mergullarse nun mundo emocionante e crear as súas propias historias e aventuras. O xogo mellora as capacidades para resolver problemas e as habilidades motoras, mentres que o mundo imaxinario permítelle interpretar e comprender a realidade que nos rodea.

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"Ao deseñar os vehículos de xoguete LILLABO, pensei nas distintas maneiras en que os cativos poden xogar con eles. Estes xoguetes poñen a voar a imaxinación dos cativos mediante o xogo de roles e fomentan a creatividade, xa que os cativos poden facer combinacións de seu coas pezas. Están feitos de madeira maciza para que sexan resistentes e duradeiros. Ademais, a madeira é cálida e ten un tacto agradable para os nenos e nenas".

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.