Como conseguilo
Unha escavadora, un coche de policía e un coche de carreiras, todos de cores e de gran tamaño, perfectos para xogar. Forman parte da serie LILLABO, con moitos outros vehículos e unha alfombra de xogo.
Detalles do produto
Unha escavadora, un coche de policía e un coche de carreiras nun tamaño algo maior, perfecto para esas mans pequechiñas que viven grandes aventuras!
Cando estes vehículos cotiáns cobran vida durante o xogo, non só estimulan a imaxinación do teu neno ou nena, senón que abren unha oportunidade para falar da importancia función destes vehículos na sociedade.
Monta, desmonta e volve comezar! As pezas do vehículo encaixan perfectamente, así que o teu neno ou nena pode crear as variacións que se lle ocorran.
Desenvolve a imaxinación, as habilidades motrices e o pensamento lóxico.
É habitual que o xogo se vaia movendo pola estancia, mais non hai problema: os coches móvense coa mesma facilidade directamente no chan como nunha alfombra de pelo curto.
Materiais duradeiros e resistentes ao desgaste, esquinas arredondadas e nada de bordos afiados: seguridade para o teu cativo para que poida xogar sogar só.
Cada produto ten o seu carácter único, con variacións naturais no cor e na vea da madeira.
Parte da serie LILLABO, unha colección de produtos relacionados cos vehículos que lle dá ao teu neno ou nena unha maior comprensión da sociedade e un senso de participación no mundo que os rodea.
Henrik Johansson
Medicións
- lonxitude: 11 cm
- Ancho: 7 cm
- Altura: 12 cm
Funcionalidade
LILLABO: un mundo marabilloso de circuítos e rodas
Trens avanzando por paisaxes fantásticas, camións de bombeiros e coches de policía en misións perigosas, automóbiles subindo e baixando pola rampla do aparcamento e o camión do lixo facendo o seu traballo tan importante. A serie LILLABO permite o teu fillo mergullarse nun mundo emocionante e crear as súas propias historias e aventuras. O xogo mellora as capacidades para resolver problemas e as habilidades motoras, mentres que o mundo imaxinario permítelle interpretar e comprender a realidade que nos rodea.
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"Ao deseñar os vehículos de xoguete LILLABO, pensei nas distintas maneiras en que os cativos poden xogar con eles. Estes xoguetes poñen a voar a imaxinación dos cativos mediante o xogo de roles e fomentan a creatividade, xa que os cativos poden facer combinacións de seu coas pezas. Están feitos de madeira maciza para que sexan resistentes e duradeiros. Ademais, a madeira é cálida e ten un tacto agradable para os nenos e nenas".