Saltar

LENAST Protector de colchón, branco, 60x120 cm

14,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles
Características do produto
  • Resistente á auga

Un protector de colchón é unha boa inversión. Protexe de pequenos accidentes, é doado de lavar e ofrece un lugar acolledor para durmir. E un neno que dorme ben toda a noite é un soño, non si?

Número de artigo703.731.00

Detalles do produto

Protexe o colchón das manchas e mantén a cama do teu fillo limpa e seca.

O colchón mantense seco porque a capa impermeábel evita que os líquidos traspasen.

A malla de ventilación suave e delgada está totalmente fabricada en poliéster, un material duradeiro probado e aprobado, e libre de substancias e aditivos perigosos.

Unha boa opción se es alérxico aos ácaros do po porque o protector se lava na lavadora a 60 ºC, temperatura á que os ácaros morren.

Quítase rápido e é doado de lavar.

Deseñador

IKEA of Sweden

Número de artigo703.731.00

Información útil

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Cara/ Laterais:
NOTRANS
Capa impermeable:
100 % poliuretano
Recubrimento do dorso:
NOTRANS

Mantemento

Encolle un 4% como máximo.

Lavar á máquina a 60°C como máximo, tratamento moderado.

Non empregar lixivia.

Secar en secadora a temperatura baixa (60 ºC como máximo).

Non pasar o ferro.

Non limpar en seco.

Seguridade e conformidade

Recomendado para bebés a partir de 0 anos.

Medicións

  • lonxitude: 120 cm
  • Ancho: 60 cm

Embalaxe

LENAST

Número de artigo703.731.00
  • Longo: 37 cm
  • Peso: 0.28 kg
  • Diámetro: 9 cm
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.5Valoración media
368Opinións

Material

Que é o poliéster?

O poliéster é un material illante, de secado rápido e resistente, ideal para crear tecidos como recheos de coxíns, colchas e mobles. O material provén do petróleo bruto, un recurso limitado. IKEA non quere contribuír a que se utilice máis petróleo bruto, é por iso que estamos empezando a utilizar poliéster reciclado e trazable a partir de botellas PET. O mellor do poliéster é que se pode reciclar infinitas veces, sen que por iso cambie ou perda as súas cualidades.

Funcionalidade

Durmir é importante

Os nenos necesitan durmir para que o cerebro e o corpo recupérense e crezan. O mellor que podes facer polo teu fillo é por tanto, crear unhas condicións óptimas e animarlle a desenvolver bos costumes de descanso. Empeza por decorar o dormitorio de maneira acolledora e tranquila cun colchón que sexa un bo soporte e roupa de cama lixeira; pensa nun estor que filtre a luz e o son. Un dormitorio infantil cómodo é unha boa inversion que permite aos nenos e aos adultos descansar ben.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.