O teu bebé durmirá moi a gusto con este confortable edredón. A súa suave tea está feita con lyocell e algodón de cultivo sostible; un material natural e doado de coidar que ademais é transpirable.
Detalles do produto
Un edredón de alta calidade, fácil de coidar e que se adapta perfectamente aos berces.
Sabemos que os nenos son moi sensibles, pero non te preocupes. Este produto foi probado e non contén substancias daniñas para a pel ou a saúde dos pequenos.
Con este edredón o teu bebe gozará dun entorno de descanso seco e agradable, cunha temperatura uniforme toda a noite.
Forro de algodón/lyocell, unha mestura que transpira, absorbe a humidade e elimínaa.
O recheo de lyocell e poliéster é suave, branco e absorbe a humidade.
Jennifer Idrizi
Medicións
- lonxitude: 125 cm
- Ancho: 110 cm
- Peso do recheo: 300 g
- Peso total: 720 g
Opinións dos clientes
Material
Que é o lyocell?
O lyocell é unha fibra resistente e sedosa que provén da pasta de celulosa. A fibra suave de lyocell absorbe ben a humidade e ten un tacto fresco. É por iso que a utilizamos na roupa de cama e para o recheo de almofadas e edredóns. Ó igual que co resto de materias primas derivadas da madeira, procuramos utilizala da maneira máis intelixente e eficiente posible para evitar refugallos.
Funcionalidade
Unha temperatura adecuada para a contorna de soño dun neno é de 16-24 °C (61-75 °F). Algúns factores que poden afectar á temperatura baixo o edredón son o clima, a temperatura da habitación/do corpo e a cantidade de roupa. Os exemplos seguintes son só unha guía de como podes vestir ao teu fillo a distintas temperaturas ambiente cun edredón que teña un valor TOG de 3,5: A 18-20°C (64-69°F) - mono de manga curta. A 16-18°C (61-64°F) - mono de manga longa.