- Algodón
Un saco moi abrigoso para o teu bebé durmir toda a noite a unha temperatura agradable. Feito de veludo verde suave e puro algodón de jersey. Perfecto para o berce, carriño ou para levar contigo durante as primeiras viaxes do teu fillo ou filla.
Detalles do produto
Un saco de durmir co interior de algodón e o exterior de algodón/poliéster resistente que abriga o teu bebé e fai que se sinta protexido.
Unha alternativa segura á roupa de cama, xa que é moi fácil que o bebé retire esta cos pés, co conseguinte risco de quedaren atoados nas barras laterais do berce.
O tamaño do colar evita que o bebé caia no saco de durmir, reducindo así o risco de asfixia.
O saco permitirá o teu bebé durmir comodamente e a unha temperatura agradable durante toda a noite.
A cremalleira longa permíteche abrir unha gran parte do saco de durmir, para que poidas coller e deitar o bebé máis facilmente. Tamén aforrarás ter que espir o bebé á hora de cambiarlle o cueiro.
Sabemos que os nenos teñen a pel moi sensible, pero non te preocupes. Este produto foi probado e non ten substancias daniñas para a pel ou a saúde dos pequenos.
Moi práctico para que o leves contigo e o teu fillo goce dun produto familiar e cálido.
Fácil de manter limpo; lavar á máquina a 60 °C.
Casa moi ben con outros produtos da colección LEN.
Ida Pettersson Preutz
Información útil
Apto para crianzas de entre 68 e 86 cm de altura.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Tecido superior/ Tecido interior/ Tea do bordo:
- NOTRANS
- Veludo:
- NOTRANS, NOTRANS
- Cremalleira:
- NOTRANS
Mantemento
Encolle un 5% como máximo.
Lavar a máquina a 60 °C como máximo, tratamento normal.
Pecha a cremalleira antes do lavado.
Non empregar lixivia.
Secar en secadora a temperatura baixa (60 ºC como máximo).
Pasar o ferro a 150º C como máximo.
Non limpar en seco.
Lava este produto antes de usalo por primeira vez.
Seguridade e conformidade
Montaxe e documentos
Medicións
Embalaxe
LEN
Número de artigo905.421.35- Ancho: 20 cm
- Alto: 5 cm
- Longo: 29 cm
- Peso: 0.45 kg
- Paquete(s): 1





