Saltar

LEN Saco de durmir, rosa, 0-6 months

13,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles
Características do produto
  • Algodón

Neste cómodo e acolledor saco de durmir, o bebé gozará dunha temperatura moi agradable durante toda a noite. Feito de veludo rosa e malla de algodón puro. Perfecto para o berce, o carriño ou para levar durante os 6 primeiros meses de vida do bebé.

Número de artigo905.421.40

Detalles do produto

Un saco de durmir co interior de algodón e o exterior de algodón/poliéster resistente que abriga o teu bebé e fai que se sinta protexido.

Unha alternativa segura á roupa de cama, xa que é moi fácil que o bebé retire esta cos pés, co conseguinte risco de quedaren atoados nas barras laterais do berce.

O tamaño do colar evita que o bebé caia no saco de durmir, reducindo así o risco de asfixia.

O saco permitirá o teu bebé durmir comodamente e a unha temperatura agradable durante toda a noite.

A cremalleira longa permíteche abrir unha gran parte do saco de durmir, para que poidas coller e deitar o bebé máis facilmente. Tamén aforrarás ter que espir o bebé á hora de cambiarlle o cueiro.

Sabemos que os nenos teñen a pel moi sensible, pero non te preocupes. Este produto foi probado e non ten substancias daniñas para a pel ou a saúde dos pequenos.

Moi práctico para que o leves contigo e o teu fillo goce dun produto familiar e cálido.

Fácil de manter limpo; lavar á máquina a 60 °C.

Casa moi ben con outros produtos da colección LEN.

Deseñador

Ida Pettersson Preutz

Número de artigo905.421.40

Información útil

Apto para crianzas de entre 50 e 68 cm de altura.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Tecido superior/ Tecido interior/ Tea do bordo:
NOTRANS
Veludo:
NOTRANS, NOTRANS
Cremalleira:
NOTRANS

Mantemento

Encolle un 5% como máximo.

Lavar a máquina a 60 °C como máximo, tratamento normal.

Pecha a cremalleira antes do lavado.

Non empregar lixivia.

Secar en secadora a temperatura baixa (60 ºC como máximo).

Pasar o ferro a 150º C como máximo.

Non limpar en seco.

Lava este produto antes de usalo por primeira vez.

Seguridade e conformidade

IMPORTANTE! Non o utilices combinado cunha manta ou un edredón.IMPORTANTE! Non o utilices se o bebé é quen de saír do berce por si só.Vixía que a temperatura do teu bebé non aumente demasiado. A mellor maneira de comprobalo é tocándolle a caluga, se a pel está húmida é posible que teña demasiada calor.Recomendado para 0-6 meses de idade.

Montaxe e documentos

Medicións

Embalaxe

LEN

Número de artigo905.421.40
  • Ancho: 17 cm
  • Alto: 4 cm
  • Longo: 25 cm
  • Peso: 0.34 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4Valoración media
13Opinións

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.