Saltar
Novidade

KULGLASS Lámpada altofalante con Bluetooth, verde escuro

99,99€
A lámpada véndese á parte. IKEA recomenda a lámpada LED E27 globo ópalo branco.
KULGLASS Lámpada altofalante con Bluetooth, verde escuro
KULGLASS Lámpada altofalante con Bluetooth, vermello marrón/rosa

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Un deseño colorido, luz ambiental e un gran son. Tanto se estás a descansar na casa como de festa, telo todo neste dispositivo: música, iluminación e moble doméstico en perfecta harmonía.

Número de artigo806.049.06

Detalles do produto

Permíteche escoitar os teus podcasts ou música favorita, só necesitas un teléfono, unha computadora ou outro dispositivo Bluetooth.

Son excepcional, rico e potente, con graves definidos que dan forza á música e agudos ben equilibrados que realzan os matices e detalles.

O altofalante pode cambiar o estado de ánimo e o ambiente da túa casa, ser a escusa para xuntar toda a familia para escoitar un pódcast ou un audiolibro, ou animar a festa con música cando recibas visita.

A pantalla de vidro crea unha luz difusa e decorativa.

O modo multialtofalante permíteche conectar este altofalante Bluetooth con outros que inclúan esta función e gozar da mesma música desde varios altofalantes.

A función Sotify Tap permíteche reproducir a túa música favorita. Abonda con premer o botón para a música recomezar no punto exacto onde a deixaches.

A función Spotify Tap tamén xera cancións baseadas no teu historial de reprodución, para que poidas descubrir música nova. Preme de novo o botón para cambiar de canción!

Deseñador

Tekla Evelina Severin

Número de artigo806.049.06

Información útil

A lámpada véndese á parte. IKEA recomenda a lámpada LED E27 globo ópalo branco.

A configuración de son do dispositivo desde o que estás a reproducir a música pode influír moito na calidade do son que emite o altofalante. Comproba a configuración do teu dispositivo e goza da mellor experiencia sonora.

A distancia adecuada entre o dispositivo e o altofalante conectado pode variar en función dos materiais de construción da parede. Sen obstáculo, o alcance é de 10 metros como mínimo.

Ao utilizar varios altofalantes no modo multialtofalante, a distancia libre de interferencias entre o altofalante principal e o outro/resto de altofalante/s é de polo menos 10 metros.

Se estiveres a usar o modo multialtofalante, asegúrate de que o dispositivo desde o que se está a reproducir a música está a unha distancia adecuada do altofalante principal ao que estás conectado.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Pantalla:
NOTRANS
Soporte pantalla/ Anel da pantalla/ Reixa/ Estrutura inferior/ Botóns:
NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
Anel de retención/ Armario:
NOTRANS
Funda de tea:
NOTRANS
Pé:
NOTRANS

Mantemento

Limpar cun pano seco.

Seguridade e conformidade

Este produto leva marcado CE.

Medicións

  • Máx.: 15 W
  • Altura: 387 mm
  • lonxitude do cable: 200 cm
  • diámetro: 267 mm

Embalaxe

KULGLASS

Número de artigo806.049.06
  • Ancho: 29 cm
  • Alto: 24 cm
  • Longo: 49 cm
  • Peso: 4.49 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

2Valoración media
2Opinións

A idea tras o produto

A idea tras o produto

O meu obxectivo coa lámpada altofalante KULGLASS era afastarme todo o posible do deseño tecnolóxico tradicional. A idea era crear algo atraente para os sentidos. Algo agradable, de formas redondas e alegre que evocase nostalxia e alegría. Inspírase en moitas cousas: desde xeados de máquina e cerdeiras en flor ata a clásica Art Deco e as bonecas xaponesas Kokeshi. Adoro a idea de combinar un altofalante e unha lámpada: un xeito totalmente novo de orientar a decoración do fogar.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.