Como conseguilo
Utiliza esta grella de secado para conservar bagas, froitas e herbas de verán, como se facía antano. Tamén se pode utilizar como enfeite no mesado para gardar froitas e verduras que sexa mellor almacenar a temperatura ambiente.
Detalles do produto
Deshidratar froitas, bagas, cogomelos e herbas é unha maneira tradicional de conservar os sabores estivais, igual que se facía antano cando non había frigoríficos nin conxeladores.
Os 2 niveis permítenche secar diferentes cousas por separado nunha mesa pequena ou mesado, porén, tamén podes extraer as bandexas e utilizalas independentemente.
Tamén se pode utilizar como bandexa decorativa para gardar cousas pequenas ou froitas e verduras que sexa mellor conservar a temperatura ambiente.
Podes levantar facilmente a parte de arriba cando tiveres que acceder ao contido.
Un produto único feito á man por expertas artesás.
O bambú natural dálle un aspecto cálido e orixinal.
Mikael Axelsson
Medicións
- Altura: 22 cm
- Ancho: 46 cm
- fondo: 21 cm
Opinións dos clientes
Form design process
Apañar, secar, conservar, exprimir... e gozar
Queremos que a colección KÖSSEBÄR sirva para conservardes todos os sabores do verán de maneira sostible. Velaquí traemos ferramentas e xerras que facilitan e amenizan o traballo. Así que non esperedes máis, collede un cesto e enchédeo con todo o que a natureza vos ofrece. Transformade froitas e vagas en compota e marmelada, enchede bolsas de plástico de herbas secas e cogomelos para os guisos de outono e cubride a cociña de téxtiles coloridos. A recompensa é unha ampla variedade de deliciosos sabores para deleite do padal.
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"A idea de partida é secar as herbas aromáticas, a froita, as vagas e os cogomelos á maneira tradicional para así conservar os sabores do verán. Unha actividade divertida para a que creei un secadoiro, feito á man e decorativo, que pertence á colección KÖSSEBÄR. É moi fácil de usar, xa que as dúas bandexas incorporan dous fondos trenzados que facilitan a circulación do aire. Agardamos que esta sexa unha maneira de aproveitares todo o que a natureza nos ofrece. Así é como se facían as cousas antes de existiren os frigoríficos e os conxeladores".