Como conseguilo
Conserva os sabores e os aromas do verán durante máis tempo. Este recipiente, cunha tampa hermética e un fermoso deseño acanalado, ocupa pouco espazo no armario e é ideal para compotas, conservas e galletas.
Detalles do produto
Recipiente hermético, ideal para gardar compotas caseiras, froitas, bagas e verduras en conserva e galletas crocantes.
A tapa leva peche hermético para conservar o recendo e sabor do contido.
Grazas á súa forma cadrada ocupa menos espazo nos caixóns e armarios.
Tamén o podes utilizar como recipiente decorativo ou para gardar obxectos pequenos.
Un bote de cristal transparente, fácil de limpar e que non incorpora as cores dos ingredientes.
IKEA of Sweden
Medicións
- Altura: 17 cm
- volume: 1 l
Opinións dos clientes
Form design process
Apañar, secar, conservar, exprimir... e gozar
Queremos que a colección KÖSSEBÄR sirva para conservardes todos os sabores do verán de maneira sostible. Velaquí traemos ferramentas e xerras que facilitan e amenizan o traballo. Así que non esperedes máis, collede un cesto e enchédeo con todo o que a natureza vos ofrece. Transformade froitas e vagas en compota e marmelada, enchede bolsas de plástico de herbas secas e cogomelos para os guisos de outono e cubride a cociña de téxtiles coloridos. A recompensa é unha ampla variedade de deliciosos sabores para deleite do padal.