Saltar

KOLDBY Pel de vaca, marrón

249€

Tamén precisarás

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Un xeito estupendo de darlle calidez ao chan ou a parede. Fermosa e resistente pel de vaca que haberá acompañarte durante moitos anos. Buscas algo especial? Ven á nosa tenda e elixe a que máis che guste!

Número de artigo402.229.33

Detalles do produto

Son versátiles e combinan con moitos estilos diferentes. Podes poñela debaixo dunha mesa, soa ou pendurada da parede.

As marcas e as variacións na cor e no tamaño son características inherentes á pel e fan que cada peza sexa un produto único.

A pel de bovino é duradeira e resistente por natureza.

Deseñador

IKEA of Sweden

Número de artigo402.229.33

Información útil

Os tons de marrón varían entre tonalidades claras, medias e escuras. Tamén pode haber manchas máis pequenas en branco, negro ou beixe.

O coiro e as peles que encontres en IKEA son restos provenientes da industria alimentaria. Aprovéitase cada unha das partes do animal e non se desbota nada.

É necesario tratar as peles antes de utilizalas como produtos decorativos de interior. Neste proceso non utilizamos produtos químicos nin nocivos para as persoas nin o ambiente.

As peles adoitan ter un tamaño que oscila entre os 180 e os 200 cm de largo e os 200 e os 220 cm de longo.

Recomendamos medir a superficie sobre a que vas colocar a alfombra antes de mercala.

Se a usas no chan, emprega o protector antiescorregante STOPP. De ser preciso, podes cortar ou dobrar o protector.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

NOTRANS

Mantemento

Non se debe lavar á máquina.

Non empregar lixivia.

Non secar na secadora.

Non pasar o ferro.

Non limpar en seco.

Limpa a alfombra coa aspiradora, sacude e víraa con regularidade.

Manchas secas: elimínaas de xeito inmediato fretando con coidado cara o centro da mancha.

Manchas húmidas: non fretes. Absórbeas con papel de cociña; humedéceas cun pano e un limpador suave.

Limpeza profesional da alfombra cando sexa preciso.

Cando aspires a alfombra para limpala, emprega sempre o accesorio estándar para o chan, nunca o cepillo rotatorio.

Seguridade e conformidade

Este produto probouse para uso doméstico.

Medicións

  • Superficie mínim: 3.00 m²

Embalaxe

KOLDBY

Número de artigo402.229.33
  • Ancho: 54 cm
  • Alto: 8 cm
  • Longo: 72 cm
  • Peso: 4.07 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.5Valoración media
369Opinións

Funcionalidade

Abrígate con materiais decorativos

Para decorar o chan non hai nada como as peles ovinas e o coiro de vaca. Son materiais versátiles que se poden combinar de moitas maneiras distintas. Bonitos e resistentes, acompañarante durante moitos anos. As peles e coiros da nosa gama son subprodutos da industria alimentaria. IKEA non tolera o maltrato animal, polo que establecemos sistemas de trazabilidade para asegurarnos de que se cumpren os estándares de benestar animal.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.