Este macetero fíxose a man con bambú sobrante da fabricación doutros produtos. Un xeito intelixente de utilizar os recursos naturais para crear artigos novos e exclusivos para a túa casa.
Detalles do produto
Como o teceron a man artesáns expertos, cada macetero é único.
Non te deixes enganar polo exterior de aspecto suave e lixeiro. Este macetero está feito con bambú resistente e duradeiro.
O material achega un aire natural á decoración e transmite sensación de calma e calidez.
O macetero leva un prato integrado para recoller o exceso de auga.
Medicións
- Altura: 33 cm
- Diámetro exterior: 34 cm
- Diámetro máximo testo: 32 cm
Opinións
Opinións dos clientes
SostibilidadeAs persoas e o planeta
Persoas e comunidades
Artesanía sostible e natural
A maceta KLYNNON fabrícase con materiais sobrantes da nosa produción doutros produtos de bambú. Cada maceta é única, xa que todas están trenzadas a man por artesáns vietnamitas e o prato extraíble protexe a superficie subxacente.
Material
Que é o bambú?
Resistente, flexible e unha das plantas de crecemento máis rápido que hai no mundo. O bambú ten moitas utilidades, tantas que o converten nun material renovable de primeira orde porque, de feito, é unha herba que non precisa fertilizantes nin ser regada para medrar. Para que unha planta de bambú sexa aproveitable teñen que pasar entre 4 e 6 anos. En IKEA utilizámolo para facer mobles, decorados para o baño ou mesmo lámpadas... en realidade sempre estamos a argallar para darlle unha aplicación nova.