- Escuma viscoelástica
- De costas
- De lado
- Ergonómico
- Refrescante
Esta almofada ergonómica é de escuma viscoelástica e incorpora unha capa de xel por riba. A partir de agora as túas noites non volverán a ser o que eran.
Detalles do produto
Unha almofada ergonómica con escuma mol por un lado e xel refrescante polo outro.
A escuma viscoelástica adáptase á túa cabeza, pescozo e ombreiros e alivia as tensións. Ademais, mantén unha temperatura constante e conta con pequenos orificios no núcleo que permiten que o aire circule e a humidade se evapore.
A capa de xel proporciona unha superficie fresca e lisa.
A escuma viscoelástica e a capa de xel levan o mesmo material mais con densidades diferentes, de modo que teñen propiedades distintas.
Unha almofada ideal para os que dormen de lado ou boca arriba e precisan unha almofada alta e firme.
Unha funda suave que permite a circulación de aire e elimina a humidade.
É fácil de limpar, xa que a funda se pode quitar e lavar á máquina.
IKEA of Sweden
Información útil
Combina con fundas de almofada de 40x90 cm.
Cun protector prolongas a duración da almofada e dáslle a mesma forma que a unha almofada estándar, sen comprometer as características ergonómicas.
Este produto pódese utilizar en hoteis pequenos e hostais, xa que o deseño e os materiais están optimizados para un uso e lavado frecuentes.
Densidade de recheo 43 kg/m3.
Produto probado e conforme á norma CAN/CGSB 4.2 n.º 27.5 sobre inflamabilidade. Responde ás esixencias de tempo de propagación da chama ≥7,1 segundos.
Produto probado e conforme á norma EN ISO 12952-1 sobre inflamabilidade.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Tecido superior:
- NOTRANS, NOTRANS
- Tecido posterior:
- NOTRANS, 1 % elastano
- Recheo:
- NOTRANS
- Reberete/ Tecido interior:
- NOTRANS
Mantemento
Lavar á máquina a 40 °C como máximo, tratamento normal.
Non empregar lixivia.
Secar en secadora a temperatura baixa (60 ºC como máximo).
Non pasar o ferro.
Non limpar en seco.
Non se debe lavar á máquina.
Non empregar lixivia.
Non secar na secadora.
Non pasar o ferro.
Non limpar en seco.
Medicións
- Altura: 13 cm
- lonxitude: 33 cm
- Ancho: 85 cm
Embalaxe
KLUBBSPORRE
Número de artigo304.991.68- Ancho: 33 cm
- Alto: 13 cm
- Longo: 85 cm
- Peso: 1.80 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Material
Como coidar dunha almofada de ergonómica
Cun pouco de amor a túa almofada ergonómica gañará anos de vida e lucirá sempre como nova. É importante non lavar a espuma, xa que isto prexudicaría a calidade e as prestacións da almofada. Porén, é posible lavar a funda exterior. Retira a funda da espuma e lávaa á máquina a unha temperatura máxima de 40 °C nun ciclo normal. Secar á máquina a baixa temperatura, como máximo a 60 °C.
Calidade
Unha almofada deseñada pensando en ti
En IKEA asegurámonos de que as nosas almofadas cumpran os estándares de calidade máis elevados. O noso equipo de desenvolvedores de produtos traballa arreo para mellorar cada aspecto das almofadas. Isto inclúe a realización de probas exhaustivas do recheo, o confort e a durabilidade para garantir que cumpren os nosos rigorosos requisitos de calidade. Tamén facemos todo o posible por usar materiais duradeiros que che ofrezan un ambiente de descanso confortable e reparador durante moitos anos.
Funcionalidade
Un lado é máis fresco có outro
Todos sabemos que a temperatura inflúe na calidade do sono. Pasar demasiada calor durante a noite é molesto, mesmo pode chegar a espertarte. Un dos lados da almofada ergonómica KLUBBSPORRE mantén unha temperatura fresca e ofrece un bo soporte para a cabeza, a caluga e as costas, para que así te relaxes. Non importa a temperatura do teu corpo ou do dormitorio; a almofada mantén todo o seu confort.






