Saltar
Baixamos o prezo

KLUBBSPORRE Almofada ergonóm, de costas/lado, 35x69 cm

34,99€
Prezo anterior: 39,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles
Características do produto
  • Escuma viscoelástica
  • De costas
  • De lado
  • Ergonómico
  • Refrescante

Esta almofada ergonómica é de escuma viscoelástica e incorpora unha capa de xel por riba. A partir de agora as túas noites non volverán a ser o que eran.

Número de artigo304.461.08

Detalles do produto

Unha almofada ergonómica con escuma mol por un lado e xel refrescante polo outro.

A escuma viscoelástica adáptase á túa cabeza, pescozo e ombreiros e alivia as tensións. Ademais, mantén unha temperatura constante e conta con pequenos orificios no núcleo que permiten que o aire circule e a humidade se evapore.

A capa de xel proporciona unha superficie fresca e lisa.

A escuma viscoelástica e a capa de xel levan o mesmo material mais con densidades diferentes, de modo que teñen propiedades distintas.

Unha almofada ideal para os que dormen de lado ou boca arriba e precisan unha almofada alta e firme.

Unha funda suave que permite a circulación de aire e elimina a humidade.

É fácil de limpar, xa que a funda se pode quitar e lavar á máquina.

Deseñador

IKEA of Sweden

Número de artigo304.461.08

Información útil

Combina con todas as fundas de almofada de 40x75 cm.

Cun protector prolongas a duración da almofada e dáslle a mesma forma que a unha almofada estándar, sen comprometer as características ergonómicas.

Este produto pódese utilizar en hoteis pequenos e hostais, xa que o deseño e os materiais están optimizados para un uso e lavado frecuentes.

Densidade de recheo 43 kg/m3.

Produto probado e conforme á norma CAN/CGSB 4.2 n.º 27.5 sobre inflamabilidade. Responde ás esixencias de tempo de propagación da chama ≥7,1 segundos.

Produto probado e conforme á norma EN ISO 12952-1 sobre inflamabilidade.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Tecido superior:
NOTRANS, NOTRANS
Tecido posterior:
NOTRANS, 1 % elastano
Recheo:
NOTRANS
Reberete/ Tecido interior:
NOTRANS

Mantemento

Coxín

Non se debe lavar á máquina.

Non empregar lixivia.

Non secar na secadora.

Non pasar o ferro.

Non limpar en seco.

Funda de almofada

Lavar á máquina a 40 °C como máximo, tratamento normal.

Non empregar lixivia.

Secar en secadora a temperatura baixa (60 ºC como máximo).

Non pasar o ferro.

Non limpar en seco.

Medicións

  • lonxitude: 35 cm
  • Ancho: 69 cm
  • Altura: 13 cm

Embalaxe

KLUBBSPORRE

Número de artigo304.461.08
  • Ancho: 35 cm
  • Alto: 13 cm
  • Longo: 69 cm
  • Peso: 1.49 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.4Valoración media
4441Opinións

Material

Como coidar dunha almofada de ergonómica

Cun pouco de amor a túa almofada ergonómica gañará anos de vida e lucirá sempre como nova. É importante non lavar a espuma, xa que isto prexudicaría a calidade e as prestacións da almofada. Porén, é posible lavar a funda exterior. Retira a funda da espuma e lávaa á máquina a unha temperatura máxima de 40 °C nun ciclo normal. Secar á máquina a baixa temperatura, como máximo a 60 °C.

Calidade

Unha almofada deseñada pensando en ti

En IKEA asegurámonos de que as nosas almofadas cumpran os estándares de calidade máis elevados. O noso equipo de desenvolvedores de produtos traballa arreo para mellorar cada aspecto das almofadas. Isto inclúe a realización de probas exhaustivas do recheo, o confort e a durabilidade para garantir que cumpren os nosos rigorosos requisitos de calidade. Tamén facemos todo o posible por usar materiais duradeiros que che ofrezan un ambiente de descanso confortable e reparador durante moitos anos.

Funcionalidade

Un lado é máis fresco có outro

Todos sabemos que a temperatura inflúe na calidade do sono. Pasar demasiada calor durante a noite é molesto, mesmo pode chegar a espertarte. Un dos lados da almofada ergonómica KLUBBSPORRE mantén unha temperatura fresca e ofrece un bo soporte para a cabeza, a caluga e as costas, para que así te relaxes. Non importa a temperatura do teu corpo ou do dormitorio; a almofada mantén todo o seu confort.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.