- Lavable á máquina
A colección JÄTTELIK é ideal para os amantes dos dinosauros. Ofrece todo o preciso para transformar o dormitorio do teu fillo nun mundo apaixonante, cheo de animais prehistóricos de distintas formas, tamaños e cores.
Detalles do produto
O estegosauro era un herbívoro cun cerebro pequeniño pero cun gran corazón. O seu nome procede do grego "stegos" que significa placas. Cando vexas as súas costas comprenderás por que.
Dispoñible tamén en tamaño grande. Cando un é pequeno, resulta tranquilizador darlle a man a alguén maior.
A colección JÄTTELIK inclúe 11 peluches de dinosauros e un ovo, todos tan agarimosos como aventureiros. Cal é o teu favorito?
A todos os peluches gústalles abrazar, consolar, xogar e escoitar. Ademais, son de total confianza, pois pasaron probas de seguridade.
Ann-Cathrine Sigrid Ståhlberg
Medicións
- lonxitude: 50 cm
Opinións dos clientes

Por que aos nenos lles encantan os dinosauros?
JÄTTELIK é para os pequenos amantes dos dinosauros. Para aqueles que nos poden dar unha malleira falando sobre os hábitos alimenticios do Tiranosauro Rex e que che dirán que un Velocirráptor podía correr a 50 quilómetros por hora. Pero por que aos nenos lles gustan tanto os dinosauros? Que fai que memoricen unha cantidade incrible de datos e nomes longuísimos? Contamos coa axuda dunha experta para entendelo.
Lina Bodestad é licenciada de Psicóloga especializada en desenvolvemento infantil. Pensa que é a combinación de realidade e fantasía o que fai que estes seres prehistóricos lles resulten tan intrigantes. "Os dinosauros teñen calidades similares ás dos animais cos que os nenos se poden relacionar, pero polo seu aire fantástico, tamén estimulan a imaxinación. Por exemplo, porque voaban como un dragón ou porque tiñan arrepiantes dentes afiados. O feito de que as liñas entre a realidade e a fantasía se esborranchen adoita chamar a atención e a curiosidade dos nenos".
Facer que o mundo sexa máis comprensible
Pero non se trata só de mergullarse nun mundo máxico e emocionante. Os nenos de tres a seis anos adoitan ter a necesidade de sistematizar a súa contorna, como cando clasifican os xoguetes por cores. "Para os nenos destas idades hai algo emocionante en recompilar datos, entender como están conectadas as cousas e como poden compararse e categorizarse. O mundo faise un pouquiño máis comprensible", explica Lina.
Aumentar a confianza
Como sabemos que a información e os datos son importantes para os nenos, todos os nosos dinosauros da serie JÄTTELIK están inspirados nos dinosauros que realmente existiron. Ter estes coñecementos especiais fai que os nenos sintan por primeira vez que dominan verdadeiramente algo e aumenta a confianza en si mesmos. "Aínda que como pai ou nai é posible que non saibas moito sobre o tema, o neno poderá sentirse orgulloso de saber máis ca ti sobre as diferenzas entre os carnívoros e os herbívoros de hai uns 65 millóns de anos".
Calidade
Son bonitos e seguros? Sen ningunha dúbida
Tranquilizarache saber que todos os nosos produtos para nenos cumpren os estándares de calidade e seguridade máis estritos. Sometemos os nosos xoguetes a duras probas de resistencia e aplicámoslles forzas superiores ás que pode exercer calquera neno de 2 anos. Para que non teñas de que preocuparche e os teus fillos xoguen sen parar.
Funcionalidade
Peluches para abrazar unha e outra vez
Os nosos peluches garanten mil anos de amor. Por iso escollemos materiais cómodos e ollos bordados e, ademais, sometémolos a rigorosas probas de lavado e probas que certifican a ausencia de produtos químicos perniciosos. Aptos para lavadora.