Saltar
Novidade

ISTAD Bolsa reutilizable peche

2,99€/50 pack

Como conseguilo

Servizos dispoñibles
Características do produto
  • Hermético
  • A proba de fugas
  • Apto para conxelador

Se falamos da cociña, que hai mellor que unhas bolsas reutilizables decoradas con divertidos cabalos? Permiten conservar os alimentos frescos, son resistentes á conxelación e permítenche gardar contidos a unha temperatura de ata 50 °C.

Número de artigo806.135.57

Detalles do produto

Os cabalos con crinas ao vento simbolizan a esperanza dun futuro con éxito, que é xustamente o que necesitamos para afrontar con folgos e enerxía o comezo dun ano novo.

As bolsas ISTAD teñen selo dobre para manter o frescor durante máis tempo e evitar que se derramen os líquidos.

Reutilizable. Pódese lavar á man e volver a selar.

Nestas bolsas poderás gardar de todo, desde sobras e alimentos desecados ata crebacabezas, xogos e outros obxectos. Son transparentes, para que sempre poidas ver o que gardas dentro.

As bolsas ISTAD están dispoñibles en distintos tamaños, elixe o máis acaído para ti. Desde bolsas máis pequenas para lambetadas ou aperitivos ata outras máis grandes con varios litros de capacidade.

Deseñador

Marta Krupińska

Número de artigo806.135.57

Información útil

Inclúe: 25 bolsas de 2,5 l (medidas interiores 24x25 cm) e 25 bolsas de 1,2 l (medidas interiores 21x19 cm).

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Mantemento

Lavar a man.

Apto para conxelador.

Resiste temperaturas de ata 50 °C.

Medicións

  • Unidades: 50 pack
  • Volume 1: 2.5 l
  • Volume 2: 1.2 l

Embalaxe

ISTAD

Número de artigo806.135.57
  • Ancho: 8 cm
  • Alto: 5 cm
  • Longo: 25 cm
  • Peso: 0.37 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

5Valoración media
1Opinións

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"O ano novo chinés marca o comezo do Ano do Cabalo e, para conmemoralo, encomendóuseme a tarefa de crear unha versión moderna deste animal poderoso e de bo agoiro para a colección FÖSSTA. O corpo grande e redondiño apoiado sobre finas patas e as crinas ao vento simbolizan a velocidade e a forza. Espero que sirva para levar a alegría á vosa casa e que as súas imperfeccións vos transmitan unha mensaxe positiva, porque non pasa nada por non sermos perfectos, o importante é vivirmos felices. O cabalo ocupará un lugar destacado durante todo o ano".

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.