- Apto para fornos
Este wok leva un revestimento antiadherente para que cociñes con pouca graxa de forma saudable. O exterior brillante combina perfectamente cos nosos accesorios prácticos e con moito estilo.
Detalles do produto
Para todo tipo de placas, mesmo de indución.
Grazas ao resistente revestimento cerámico antiadherente de sol-gel, hai menos risco de que a comida se pegue ou se queime.
Asa adicional que facilita levantar o wok.
Ao ter os lados inclinados, a comida vai sempre ao fondo, onde a calor é máis forte. Remexe constantemente para que quede crocante.
O fondo plano permíteche utilizar o wok sobre distintas superficies de cociña e gozar dos mesmos gorentosos resultados.
Interior curvado. Fai máis doado remexer e bater os alimentos.
Ao ser de aceiro inoxidable, as cazarolas e a tixola son duradeiras e doadas de lavar.
Ao ter unha base grosa cunha capa de aluminio entre dúas capas de aceiro inoxidable, a calor distribúese de xeito uniforme e eficiente e a comida non se queima nin se pega.
É fácil de colgar grazas ao orificio do mango.
David Wahl
Medicións
- diámetro: 32 cm
- Altura: 11 cm
- Longo incl. as asas: 58 cm
Opinións dos clientes
Material
Que é o revestimento antiadherente de cerámica sol-xel?
A antiadherencia sol-xel a miúdo recibe o nome de revestimento de cerámica, un substitutivo cada vez máis común para outros revestimentos non antiadherentes presentes nas panelas. Está composto maiormente de silicio e créase aplicándolle ó produto unha solución parecida ó xel e secándoo nun forno. O resultado é unha superficie dura e brillante con propiedades antiadherentes. O sol-xel pode facerse con distintas cores, soporta temperaturas elevadas, é fácil de usar e limpar e permite cociñar sen ou practicamente sen graxa.