IKEA 365+ Tapa, redondo/vidro
Tamén precisarás
Como conseguilo
- Hermético
- Apto para microondas
- Apto para fornos
- Apto para conxelador
- Apto para lavalouza
A tampa é a proba de fugas, así que protexerás e manterás fresco o contido durante máis tempo. É doada de colocar en todos os recipientes redondos da serie IKEA 365+.
Detalles do produto
Tapa hermética que mantén o frescor dos alimentos e conserva o seu aroma e sabor.
Como os recipientes son transparentes, atoparás axiña o que buscas no frigorífico ou no armario.
Sarah Fager
Medicións
- diámetro: 14 cm
Opinións dos clientes
SostibilidadeAs persoas e o planeta
Vida sostible na casa
Para coidar os alimentos e o planeta
No mundo cada ano unha gran cantidade de alimentos acaban no lixo. Decidimos contribuír a reducir o desperdicio alimenticio facilitando a conservación e almacenaxe dos alimentos nos fogares. Visitamos familias de distintos países para descubrir as súas necesidades, antes de crear a serie IKEA 365+ para a conservación de alimentos. A serie componse de produtos enxeñosos que podes combinar segundo as túas necesidades para gardar, conservar e manter os alimentos máis facilmente.
Para coidar os alimentos e o planeta
Se queres reducir o desperdicio de alimentos, pero ás veces amólate organizar a comida, isto pode axudarte. Cos produtos de almacenaxe de alimentos IKEA 365+ é fácil gardar a comida, conservala e levala contigo cando saias. Para saber cales son as necesidades das persoas, visitamos familias de varios países. Descubrimos que todo xira ao redor da versatilidade e a sinxeleza.
Rematas de comer, gardas as sobras nun bote, pero non atopas unha tampa axeitada. Ou talvez metiches un bote con comida na neveira, pero non podes ver o que hai dentro do bote e esquéceste totalmente del. Estas eran algunhas das experiencias recorrentes que non contaban as familias. "Queriamos desenvolver produtos para que todo fose máis fácil", di David Granath, desenvolvedor de produtos que traballou neste proxecto. "Deben ser sinxelos e flexibles. E fáciles de combinar e utilizar, de xeito que se adapten a calquera fogar".
Sen máis traballo
"Poden ser cousas como utilizar o mesmo bote durante varios pasos e simplemente cambiarlle a tampa. Non debería haber traballo extra innecesario polo medio", di David. Os botes transparentes aumentan as posibilidades de que o alimento se consuma. Os botes deben poder adaptarse facilmente para satisfacer diferentes necesidades. "A xente pedíanos un sistema coherente para a almacenaxe de alimentos. Non complicados dispositivos especiais, senón produtos máis ben sinxelos e directos que se poidan utilizar acotío".
Intelixente e supersinxelo
Os botes e as tampas IKEA 365+ pódense combinar e están dispoñibles en diferentes materiais e tamaños. Son moi sinxelos, e esa é a clave. "Dedicámoslle moito tempo, por exemplo, a que todas as pezas encaixen entre si. Pero o produto en si é sinxelo dunha maneira intelixente". Non podemos resolver todo o problema do desperdicio de comida, pero podemos facilitar que todo o mundo forme parte da solución.